Linux foi escollido como servidor interno do banco máis grande da China

Lendo agnix.org:
“O Banco Industrial e Comercial de China (ICBC), anunciou o pasado 28 de abril a substitucion para a xestións das súas operacions bancarias do SCO Unix, por Turbolinux. A magnitude do Banco, con 108 millóns de clientes, que manexa activos por 640.000 millóns de dólares, e caseque 300.000 empregados, convirte á migración nun reto que se levará a cabo en fases e que se completará en tres anos.”…


…”O banco seleccionou Turbolinux en competición con outras districucións que incluían a Micro$oft Corporation, por unha banda polas necesidades de que aplicacións desenvolvidas especificamente polo banco para SCO Unix continuaran a funcionar, por outra a capacidade de crecemento e estabilidade de Linux.
Turbolinux é a versión máis instalada de Linux en Asía nos últimos catro anos, estando instalada nun 62% dos servidores e nun 25% de estacións de traballo.
Os outros tres grandes bancos da China anunciaran, durante este ano, os seus plans de migración para GNU/Linux.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios