Amigus
As Pontes

A Vela estrenase no Lago de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Neste primeiro dia da primeira actividade deportiva que se programou no Lago de As Pontes polo Grupo Xuvenil de piragüismo e que polo mal tempo que tivemos durante todo o día foi suspendida ata o domingo, non todo foron magoas.
O Club de Vela Fluvial As Pontes aproveito o mal tempo e o forte vento para botar por primeira vez un barco nestas augas. E ainda que o tempo foi empeorando pola tarde unha tripulación do Club a que acompañou o Alcalde, Valentin Formoso, e o intrepido veciño Luis, estiveron navegando polo Lago acompañando a Guerreiro e Chucho.
Despois desta primeira vez esperamos que seña o comenzo dunha longa e intensa actividade nautica no Lago.
O vindeiro dia 17 de maio a ata o domingo 19 celebrarase nestas mismas augas o Campionato Galego de Vela Lixeira da clase Vaurien.
Vos esperamos a todos. Para abrir o apetito vaian estas fotos como aperitivo. Vemonos no Lago.
lago_1.JPG


lago_2.JPG
lago_3.JPG
Nova cortesía de Alfredo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios