A versión 1.0 do navegador Firefox anunciarase no New York Times

Lendo codigocero.com:
“Actualmente parece que só hai un navegador que lle fai fronte ó Internet Explorer de Microsoft, o Firefox, que está a piques de chegar á súa versión 1.0, polo que iniciaron unha campaña de promoción coñecida como Spread Firefox.
Como vía de promoción da aplicación nos medios de comunicación decidiron que o xornal norteamericano The New York Times podería ser a plataforma de lanzamento máis axeitada e procuraron achegar fondos para tal fin, o que resultou un rotundo éxito porque en só 3 días as doazóns anónimas chegaron para acadar os cartos necesarios para pagar unha páxina completa de publicidade na cabeceira neoiorquina.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios