ACTUACIÓN DO ATLETISMO OLYMPO NA VII CARREIRA POPULAR DE XERMADE

Vinte deportistas do clube pontés desprazáronse á localidade veciña.

Este domingo á mañá disputouse a sétima carreira popular do Concello de Xermade.

Varios atletas ponteses participaron na mesma. Na carreira absoluta, Lorenzo Graña foi décimo, Raúl Meizoso trixésimo sexto, e Mari Carmen Antón, oitava clasificada feminina.

En Xuvenil Masculino Carlos Fernández logrou o bronce, mentres que en Cadete feminino María Prieto foi prata.

Na categoría Infantil, Antón García foi cuarto, Mario Torrente quinto, e Anxo Sobrido sexto. Na proba feminina Uxía Rodríguez tamén acabou cuarta.

En Alevín feminino, Paula Criado foi quinta, Nerea González sexta, Jimena Fraguío sétima, e Andrea vilasuso oitava.

Nos máis pequenos, nos benxamíns, Mateo García acabou na cuarta posición, Pedro Fontao na quinta e Fernán Pena rematou sexto. Na competición feminina, Rita García acadou o bronce.

Os mellores resultados chegaron na proba prebenxamín, xa que David Graña foi ouro e Cayetano Franco prata, mentres que na proba feminina Martina Fraga tamén acabou gañando a carreira.

Nova cortesía de Atletismo Olympo e X.F.

También podría gustarte
Comentarios