ACTUACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN

A ría de Pontevedra acolleu entre os pasado 18 e 21 de abril o Campeonato de España da clase vaurien, organizado polo Club Náutico Raxó (Poio).

A excelente meteoroloxía permitiu  que se lograran completar 11 mangas das 12 programadas inicialmente, duas o primeiro día, tres o segundo, catro o terceiro e dúas no derradeiro día de competición. E aínda que as tripulación so lembren as mangas de vento forte porque foron as máis duras, o certo e que os regatistas tiveron todos os ventos ó longo do campeonato.

O Club de Vela Fluvial As Pontes desplazou a este Campeonato de España dúas tripulacións, Nano de Andrés e Javier Martínez en categoría absoluta, e Ana Torres e Carla Pérez en categoría femenina. Moi meritorio o 11º posto de Nano e Javier na clasificación absoluta, así como o 5º posto na categoría femenina de Ana e Carla, sendo 18º na absoluta.

Extraordinario golpe anímico para estes xoves regatistas que deseguido se poñerán a preparar as vindeiras citas do calendario vaurien, o campeonato de Cantabria e o de Castela León.

En relación coa regata os campeóns do mundo Francesco Zampacavallo e Carlos Francés, do RCN Valencia, foron os gañadores absolutos dese campeonato mantiveron un forte ritmo dende o principio da competición poñéndose ó frente da mesma e non abandonarían ese posto en todo o campeonato pese á forte oposición dos seus riváis que lles disputaron cada metro e venderon moi caro cada triunfo parcial.

Os regatistas do RCN de Vigo Pablo Cabello e Mario Pérez quedaron finalmente co segundo posto, posición que ata o último día estivo en disputa cos irmáns Jaime e Alfonso Leirós do RCN de Sanxenxo que non puideron defender na derradeira xornada ó non poder concurrir á mesma.O bronce foi para os vascos do Club Nautico Hondarribia Alain Arri e Íñigo Amunarriz que finalizaron tan só cun único punto de vantaxe sobor dos cuartos clasificados Hugo Fernández (CN Rodeira) e David Fernández (RCN Vigo), tras meter presión na cabeza gañando a primeira manga do domingo e firmar un terceiro posto na segunda.

Pola súa banda as irmáns Paula e Paloma González, do RCN de Vigo, gañaron por partida doble na categoría xuvenil e na categoría feminina.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

También podría gustarte
Comentarios