Aire de tristura no Concerto de Aninovo en Viena

Lendo elmundo.es:
“A tristura e o respecto ás víctimas do seismo no sudeste asiático acompañaron os tradicionais valses do Concerto de Aninovo da Filarmónica de Viena, que abriu así o 2005 baixo a batuta de Lorin Maazel. Cando habitualmente, con este prestixioso evento, os músicos vieneses transmiten ó mundo enteiro un saúdo cheo da alegre lixereza dos valses e polkas do século XIX, esta vez deixaron trasluci-lo trasfondo nostálxico e serio desas obras.”…

maazel.jpg


…”Ó escoitalas, ‘sempre hai unha lixeira melancolía. Un soríse, pero con algunha lágrima nos ollos’, dixo o director de orquestra franco-estadounidense Maazel, en declaracións á televisión pública austriaca ORF.
Indonesia e Malasia, dous dos países máis afectados polo forte maremoto que arrasou o pasado domingo no sudeste asiático cobrándose a vida dunhas 150.000 persoas, están entre os ‘novos’ países que este primeiro de ano puideron por primeira vez disfrutar da versión televisada do célebre concerto.”…
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios