Amigus Labs Impresión 3D: Obradoiro de montaxe e conceptos básicos de impresión 3D

O vindeiro 14 de maio, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de montaxe e conceptos básicos de impresisón 3D. A idade recomendada para participar é a partir de 13 anos.

O vindeiro sábado 14 de maio, de 10:00 da mañá a 20:00 da noite, no Lar, realizaremos unha nova edición da Amigus-Labs. Nesta ocasión faremos un obradoiro de montaxe e conceptos básicos de impresisón 3D. A idade recomendada para participar é a partir de 13 anos. O obradoiro continuará o domingo 15 e o sábado 21 de maio.

Un obradoiro para iniciarse no mundo da impresión 3D, coñecer as partes dunha impresora 3D, como montala, o hardware e o software, tipos de materiais (PLA, ABS, Nylon, HIPS,..), como crear os teus obxectos en 3D e como imprimir.

No curso utilizaremos as impresoras Reprap Prusa i3, analizaremos as pezas dunha delas sen montar, como poñer en marcha unha impresora e como preparar os nosos obxectos para imprimir cos mellores resultados. Tamén veremos como mellorar a túa impresora, ampliar a base de impresión, a cama quente, o uso de dobre extrusor, …

Crea os teus propios xoguetes, as túas ferramentas, prototipos, robots… fabrica case calquera cousa que imaxines!

Faremos unha parada para comer de 14:00 a 15:00, na que comeremos no mesmo Lar cun custo de 10 € por persoa (opcional), e estará incluida a comida e os refrescos. (Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas ou fumar no recinto da Amigus-Labs)

Unha vez máis a Amigus-Labs está co-organizada polo Concello das Pontes, Grupo de Empresa, Nauta, No Ping, Nodo Dixital e Xestcourido.

Na Amigus-Labs Impresión 3D podes traer a túa impresora 3D para resolver dudas ou intentar axudarche coa montaxe ou a configuración.

Para asistir á Amigus-Labs Impresión 3D tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso da ferramenta 3D). – Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs 3D, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 12 de maio. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amigus.org (prazas limitadas)

cartel-amiguslabs_impresion-3d

También podría gustarte
Comentarios