Amigus
As Pontes

As actividades relacionados co Software Libre do 2006 duplicaron ás de 2005 e 2004

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo mancomun.org:
“O ano 2006 foi o ano máis frutífero en canto a actividades relacionadas co Software Libre en Galicia. O número de actividades rexistradas andou ao redor do medio cento polo que practicamente se dobrou o número de eventos dos dous anos anteriores. Os grupos de usuarios de Linux foron os principais protagonistas deste aumento. A Consellería de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración con seis destes grupos, que en breve se ampliará con outros tres, o verán pasado e que serviu de acicate para este incremento. Coma novidade salientable, o sector empresarial amosou un grande interese polo Software Libre con diversos eventos orientados á PEME en xeral e ás empresas do sector TIC.”…


…”Moitas das actividades dos LUGs contan xa cunha periodicidade establecida e procuran non só a promoción e a difusión do Software Libre entre todo tipo de colectivos (empresariais, educativo, administración, usuarios…) senón que cada vez son máis as xornadas de carácter técnico e de intercambio de coñecementos que se organizan en Galicia. A dinámica destes eventos implica ademais a outros axentes sociais coma PEME ou administracións locais.
Ademais do crecente interese da PEME en xeral e do sector TIC en particular, como reflicte o gran número de empresas que ofrecen Software Libre na nosa comunidade en comparación co resto do estado, a administración local e o ensino levaron a cabo distintas actividades de grande interese.
Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, tivo participación directa en máis dunha ducia destas actividades. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Innovación e Industria para a promoción e difusión do Software Libre para desenvolver a industria informática en Galicia, achegar a Sociedade da Información á cidadanía e incentivar o uso de aplicacións informáticas en galego. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios