As primeiras pegadas da Galicia inmortalizada polos obxectivos

Lendo elcorreogallego.es:
“A primeira noticia precisa sobre a práctica da fotografía en Galicia data de 1843 e ten como protagonista ó daguerrotipista Enrique Luard Falconier na Coruña. Sen embargo, é posible que existisen con anterioridade fotógrafos asentados por temporadas nas vilas e cidades do país que combinaban esta actividade con outras, pois é sabido que os primeiros retratistas galegos foron tamén comerciantes, pintores ou simplemente aficionados ós progresos da técnica.”…


…”Co obxectivo de pescudar nas orixes da fixación da imaxe e divulgar os datos coñecidos ata o momento, a Igrexia da Universidade de Santiago inaugurará o vindeiro xoves, día 19, unha exposición titulada `Historia da Fotografía de Galicia do século XIX’, producida polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e que permanecerá aberta ata mediados do mes de xaneiro.
A mostra ofrecerá un percorrido que parte do momento da implantación da fotografía e se adentra logo no seu cultivo comercial e artístico, no seu asentamento xeográfico e a popularizaciópn. Faise xa que logo imprescindile establecer unha periodización que enmarque os momentos determinantes, tanto no tocante a técnicas e soportes como no eido das caraceterizacións individuais e artísticas. As claves da exposición serán iconas ou referencias de cada unha das etapas avistablas na historia primeira da fotografía en Galicia, concedéndolle un protagonismo singular ós nomes que significaron coa súa obra avances na linguaxe fotográfica.
En 1850, a revista Galicia refírese por vez primeira nesta terra ó invento fotográfico, que era xa coñecido gracias ás noticias que sobre el publicaron medios de maior alcance. A crecente demanda levou ós fotográfos a actualizar permanentemente a súa técnica e a abandonar progresivamente as actividades complementarias así como a sedentarizarse e fundar estudios fotográficos estables.
Na panorámica que ofrecerá Universidade de Santiago e o CGAC, non faltará a referencia ó primeiro estudio fotográfico compostelán, o de Andrés Cisneros, que se declara de profesión `retratista-pintor’, e especializado no talbotipo que retratou a Exposición Rexional de 1858 e expuxo nela unha serie de 14 fotografías sobre o evento e a cidade.
Logo, na década de 1870, a arte fotográfica está presente xa en todas as cidades galegas e nos oitenta exercen profesionalmente José Sellier e Felipe Prosperi en Vigo, Francisco Prieto en Ourense, Pontevedra e Marín, e Francisco Zagala e Manuel Chicharro en Santiago de Compostela.
A progresiva simplificación do proceso técnico motivou un abaratamento dos custos, un menor tempo de exposición e unha maior calidade de imaxe.
Medra así o número de profesionais e nace a figura do afeccionado.
En Galicia séguese a pista das innovacións que se desenvolven pois estarán estimuladas por unha crecente demanda.
A burguesía urbana será a principal clientela destes fotográfos que exercerán primeiro de modo ambulante e, máis tarde, en estudios propios en vilas e cidades.
As imaxes coas que a Igrexa da Universidade ilustrará esta historia iniciática proceden tanto de coleccións privadas como da Biblioteca Nacional, do CGAI, do Arquivo Municipal da Coruña e a Fundación Penzol.”
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios