AS SOMOZAS CELEBROU O SANTIAGO

O veciño concello das Somozas celebrou as súas tradicionais festas patronais na honra a Santiago, uns festexos que nos últimos anos son un dos máis importantes da comarca. Os veciños e forasteiros gozaron da música que ofreceron seis das orquestras máis importantes do panorama musical galego.
As celebracións comezaron o venres cunha verbena a cargo das orquestras Olympus, Paris de Noia e Armonía Show. A primeira puxo en escena o espectáculo “Al final del camino”. Pola súa banda, a París de Noia ofreceu música para tódolos gustos e Armonía Show, un xa veterano grupo, tamén deleitou ó numeroso público.
Na xornada do sábado correspondeu a quenda ás orquestras Jerusalén, coa posta en escena do espectáculo “Caminando”, e Philadelphia, que interpretou os temas do momento. A orquestra Montes, que sufriu importantes cambios para este ano, puxo fin ás festas somocenses na derradeira verbena do domingo.
Tamén houbo actos litúrxicos con misa e procesión o sábado e o domingo.
festa_as_somozas_2010_0001.jpg


O CONCELLO DAS SOMOZAS
O concello das Somozas está situado entre os de Cerdido e Ortigueira ó norte, A Capela ó sur, As Pontes ó oeste e Moeche e San Sadurniño ó leste. Ocupa unha extensión de 71,4 km2 contando cunha poboación de 1.382 habitantes repartidos nas parroquias de As Somozas (693 habitantes), As Enchousas (76), Seixas (138) e Recemel (475).
Os lugares máis habitados do concello son os da Igrexa, a capital municipal, con 221 habitantes, A Pena de Eiriz (71), A Garita (38), Seixas (32), O Chao (32), Vilachave (26), A Toca (24) e As Latas (20).
Seixas e Recemel son as parroquias máis montañosas con cumes superiores ós cincocentos metros, como a Pena dos Ladróns (624 metros), Penas da Lebre (604 m), O Fronzal (522 m) e A Lameira (518 m). As outras dúas parroquias, As Enchousas e As Somozas, teñen un relevo máis suave: Monte Marbán (316 m), A Panda (289 m.).
A cabeceira do río Mera rega a parte norte do concello e serve de límite co concello de Ortigueira. O río Grande de Xuvia ten o seu nacemento na confluencia dos ríos de Ferreiras e Grande.
Aínda que a súa economía é basicamente agrícola, esta vai cedendo paso á industria coa posta en funcionamento do polígono industrial coa creación dunha planta de tratamento de residuos industriais, fábrica de aeroxeradores e outras pequenas industrias.
As Somozas nace como concello no ano 1836 co nome de Santiago Seré de las Somozas. En 1845 incorporouse a parroquia de Santa María de Recemel, que antes pertencía a Moeche. En 1895 Seixas (Santa María) e As Enchousas (San Pedro) pasaron a ser parroquias separadas da das Somozas. En 1843 As Somozas tiña 449 veciños e 2.135 habitantes, dos que só podían votar 229 electores. Contaba cun alcalde, un tenente, oito rexedores, un síndico, seis suplentes e un alcalde pedáneo.
A igrexa de Santiago das Somozas é de refuxio e conta cunha torre de estilo neoclásico construída no ano 1815 sendo cura Manuel Marcos Díaz. Ademais das festas da capital municipal coa tradicional romaría de San Roque do Camiño o 25 de xullo, celébranse outras no concello como o San Antón na Toca o 13 de xuño e a Santa Isabel en Recemel a primeiros de xullo.
A LENDA DAS CEN DONCELAS
Segundo a lenda, nos primeiros anos da Reconquista un cabaleiro que vivía polas terras das Somozas pactou cun xefe musulmán co fin de obter cartos e poder. A cambio tiña que entregar tódolos anos cen doncelas para os haréns dos mouros.
As mozas eran traídas de tódolos sitios da comarca e pechadas nunha fortaleza situada cerca das Enchousas, nome que aínda se conserva e que significa pechadas. Os lugareños despedían ás mozas dende o monte Marbán.
O señor que foi destas terras era un nobre de orixe francesa chamado Somoça, quen venceu nunha batalla en Melide ós musulmáns e liberou ós seus habitantes de tan vergoñento tributo. Por esta vitoria recibiu do rei terras neste lugar das Somozas. A tradición recolle a dubidosa hipótese de que o nome das Somozas proveña do nome do nobre francés. Outra versión da lenda di que o nome vén de cando retiñan alí ás mozas antes de entregalas ós mouros (só mozas).
As Somozas, 25 de Xullo de 2010 (AF)
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
festa_as_somozas_2010_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios