Cabalgata de Reis 2004

Xa temos información da cabalgata de Reis deste ano, así que pais, collede lápiz e papel e apuntade o percorrido:
Saída ás 18h da R/ Monte Caxado pasando pola Avda de Ortigueira, Castelao, Galicia , Rosalía de Castro, Avda de Ferrol, pasando diante do Concello e dende alí ata a Biblioteca Municipal. Finalmente, Os Reis saudarán ós nenos de As Pontes dende o balcón do Colexio Sta María onde o Alcalde do Concello dará a benvida ás SSMM e faralles entrega da chave da nosa localidade .


Se queredes ve-lo cartel da cabalgata, podédelo baixar dende aquí en formato OpenOffice
Organiza: Asociación Cultural Alende e Concello de As Pontes
Colaboran: Escola Municipal de música Tradicional, Banda de música de As Pontes, Scouts de As Pontes e Grupo de voluntarios de Proteción Civil.
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes de García Rodríguez

También podría gustarte
Comentarios