Dialers 906, unha opinión do lado do beneficio

Lendo barrapunto.com:
“Son o dono da empresa de Internet Necostek.com. Fai un tempo puiden ler unha nova de /. onde se nos poñía a parir ás persoas que tiñamos como método de financiación a venda de entretemento mediante dialers 906. A lexislación introduciu trocos nestos servicios. Gustariame destacar que a xente que no pasado cometía faltas era unha pequena minoría (que agora o ten moito máis difícil) mentras os demáis traballamos segundo a lexislación e acabamos ‘pagando o pato’. Cos trocos que introducimos no noso servicio sería moi difícil que un usuario entrase por erro sen sabe-lo custe do servicio.”…


…”Infórmolles da multitude de trocos que realizamos no noso servicio:
– Se unha persoa decide a primeira vez de non activa-lo dialer este non llo volverá a insistir.
– Contrato máis minucioso e detallado. Os contratos foron aumentados considerablemente de tamaño e moito mellor posicionados para podelos ver facilmente.
– Máis claridade no contrato.
– Información de cómo desinstala-lo software (dialer).
– Instruccións de cómo desconectar.
Infórmase tamén de que para saír do servicio unicamente hai que desconectarse de Internet. Espero que comprendan o esforzo que está facendo o sector por limpa-la súa imaxe que persoas sen escrúpulos lles causaran e as gañas que temos de poder seguir traballando. A maioría de persoas non traballamos nin cos dialers nin para eles, simplemente son o único medio de financiación que temos para poder seguir cos nosos servicios maioritariamente gratuitos. Pódolles comentar que un dos meus servicios é o de aloxamento web Hispadominio.net e a única forma de mantelo era esta, aínda que está deixando de ser rentable dado que tamén se baixaron as tarifas por minuto.
Podo decir que segundo os datos do meu servicio despois dos trocos o nivel de minutos xerados dende España descendeu un 30%.”
Fonte: barrapunto.com

También podría gustarte
Comentarios