Os veciños de Gondré afrontaron o arranxo do seu patrono San Martiño

Un equipo de restauradores profesionais, baixo aprobación de patrimonio subdirección xeral do Inttituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia), veñen de restaurar a imaxe de San Martiño de Gondré que se atopaba en moi precario estado. A obra foi costeada polos veciños de Gondré.

parroquia02.jpg


A imaxe é de castaño e trátase dunha talla de finais do XVII ou principios do XVIII en madeira de castaño policromado.
O seu soporte atopábase cun ataque de xilófagos puntual, con pequenas zonas con falta de consistencia. O báculo estaba deformado, nalgún momento perdeu unha peza da curvatura do remate, en vez de ser sustituida, pegouse coa peza seguinte. Á mitra faltáballe a parte superior e na súa man dereita coa que bendí, faltábanlle varios dedos.
O que sufríu maior daño nesta peza fora a súa policromía. A maior parte da pintura que se conservaba estaba na tiara, man dereita, e parte esquerda da cara, así como en recovecos e zonas de difícil acceso.

parroquia01.jpg

Ante este estado da peza, os restauradores optaron por realizar un tratamento da madeira cun producto contra os xilófagos con función curativa e preventiva.
Consolidouse a madeira puntualmente para que esta recuperara a súa dureza. O proceso realizouse mediante a inxección e impregnación con brocha dunha resina acrílica en disolvente aromático. Esta operación repiteuse varias veces ata asegurar que a consolidación da peza fose satisfactoria.
A reconstrucción dos volúmenes realizouse cunha resina epoxibicomponente de propiedades adecuadas para a madeira. Os volúmenes reconstruidos foron: o remate da mitra, os dedos da man dereita e parte do remate do báculo. Así como as galerías que quedaban ó descuberto que foron recheas coa mesma resina.
En canto á policromía, procedeuse a un pequeño sentado do color de algunhas escamas que se atopaban levantadas, tralo cal se realizou unha limpeza dos restos que quedaban para intentar delimitar exactamente a extensión da excasa película pictorica que quedaba. Tra-lo estudio atento identificáronse tres niveis de estratos ou capas. Debido á escasa calidade da policromía máis recente, decidiuse recupear a policromía máis antiga e de mellor calidade. A imaxe foi estucada nas partes deterioradas e reintegrouse o cromático nesas zonas coa técnica do riggatimo en selección cromática, deixando diferenciadas as zonas de reintegración coas orixinais da peza.
parroquia03.jpg

Logo, doráronse algunhas zonas. Tivo un axuste de tonos no barniz matizado cunha cera especial.
E para mellorar a súa conservación protexéuselle cunha resina acrílica a baixa proporción en disolvente aromático.
Na actualidade outra peza do noso entorno se atopa en proceso de restauración (un san Xoán da parroquia de Seoane).
O Equipo Pastoral de As Pontes ten avisado a veciños e coidadores de igrexas e capelas que non está permitido cromar ningunha imaxe ós propios veciños, só baixo permiso e asesoramento do propio Equipo e só por profesionais baixo autorización de patrimonio.
Calquera peza cunha antigüedade superior ós 60 anos non pode ter ningunha intervención sen o consentimento de patrimonio e a mesma pódese chegar a considerar un delito.
Cortesía do equipo pastoral da Parroquia das Pontes

También podría gustarte
Comentarios