Este domingo á mañá disputouse no Lago pontés o Campionato Galego de Cross, organizado polo Atletismo Olympo e o Concello de As Pontes, no que participaron preto de 300 atletas nas seis categorías disputadas.
O vencedor masculino foi o triatleta vigués Antonio Serrat (Miler Running), prata nos Xogos do Mediiterráneo, e a gañadora feminina foi a incombustible atleta aresana Paula Mayobre (Seoane Pampín).
Os segundos postos foron para Manuel Hurtado (Pontevedra) e Sandra Mosquera (Adas Proinor) e o terceiro escalón do podio Iván Roade (Adas Proinor) e Iria Rodríguez (Pontevedra).
Destacado 17º posto do pontés Esteban Díaz, mentres o eterno Xose Manuel Meizoso “Michecho” foi 86º e Juan Carlos Barro Rochela 95º.
Na categoría Promesa Sub23 gañaron Fernando Ríal (Celta de Vigo) e a propia Iria Rodríguez (Pontevedra), e na Junior Jorge González (San Paio A Estrada) e Sara López (Atlética Lucense).
Por equipos, o Adas Proinor gañou en homes e mulleres tanto en Sénior como en Sub23, mentres que nos Junior gañou o Santiago en rapaces e o Feminino Celta nas rapazas.
O remate do evento entregararonse os diversos trofeos e medallas, estando presentes o Alcalde Valentín Formoso, o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás e o Presidente da Federación galega de Atletismo Isidoro Hornillos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro