CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE KÁRATE

Disputouse este domingo no Pavillón de A Fraga dende ás nove da mañá ata as sete e media da tarde, con preto de 300 participantes.

Disputouse este domingo no Pavillón de A Fraga dende ás nove da mañá ata as sete e media da tarde, con preto de 300 participantes.

Este domingo disputouse no Pavillón da Fraga en As Pontes, o Campionato Galego Infantil de Karate, en xornadas de mañá e tarde, que comezaron ás 09:00 e ás 16:00, con un descanso ao mediodía.

O campionato, tanto feminino coma masculino, incluía as modalidades de kata (técnica) e kumite (combate), e as categorías xuvenil, infantil, alevín e benxamín, se ben nos máis pequenos tan só había kata.

Participaron preto de 300 karatecas e 17 clubes, entre eles o Renbu-Kan de As Pontes, o Grupo Bazán, Bunkai Sport e Renbu-Kan, de Ferrol, o Santiago Apostol de Narón, o Shito Kai de Mugardos, e o AM Fene, da Comarca. Tamén había equipos de Santiago, Betanzos, Carballo, Boiro, Negreira, Teo, O Barco, Ribadavia, ou o Shihan de Lugo, que gañou dez ouros e 23 metais.

Ó finalizar a proba, preto das 19:30h, entregou os diversos trofeos ós primeiros, segundos, e dous terceiros de cada categoría, a presidenta da Federación Galega, Carmen Barro Pita.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios