SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: ATLÉTICO BENAVENTE FS – O ESTEO FS (6-3)

Derrota do equipo pontés debido a gran actuación do meta local que parou dous penaltis.

Derrota do equipo pontés debido a gran actuación do meta local que parou dous penaltis.

O Esteo pontés perdeu no seu desprazamento a terras zamoranas, 6-3. Na ida, gañara 6-2.

Non estivo moi atinado o equipo no primeiro período e marcharon ó descanso cunha desventaxa de 5-1. Tamén, nestes primeiros 20 minutos o porteiro local parou un dobre penalti e un penalti.

No segundo tempo tentaron remontar o encontro e tiveron ata catro ocasións claras pero o porteiro local Tomy volveu a deter outro doble penalti e un segundo penalti. Incluso o equipo de Javi Saa tivo unha superioridade de dous minutos por expulsión de Charlie, ex xogador da Selección Española e de seis equipos de Primeira.

Xogou polo conxunto pontés Iván, Jaco (1), Gerardo, Héctor, Púas (1), Rober Paz (1), Alex Garea, e debutou o xuvenil Antón. Seguen sextos con 28 puntos antes de recibir ó colista con 5 FS San José.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios