Amigus
As Pontes

SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. BARBANZA RC 3 – CR FENDETESTAS 54

Noveno triunfo da tempada para os ponteses que xa garanten a segunda praza.

Noveno triunfo da tempada para os ponteses que xa garanten a segunda praza.

Tras case un mes sen xogar, gañou o Fendetestas 3-54 no seu desprazamento a Rianxo para disputar o partido que correspondía á semana pasada pero xogado este sábado.

Os ponteses anotaron ata dez ensaios, por medio de Joel e Huesy, que o fixeron por dúas veces, e un de Anxo, Kiko, Gallardo, Rober Mariño e Iván, acertando por dúas veces Kiko nos lanzamentos a paus.

Con este triunfo garantiron os verdes a segunda praza. A próxima fin de semana reciben na derradeira xornada ó líder e xa matemático campión Crat A Coruña B, e despois xogaríanse os play offs.

O Crat lidera a táboa con 50 puntos, por 43 dos verdes e 32 de Santiago. Kaleido Universidade de Vigo B ten 24, por 22 de Zalaeta Arteixo e 12 de Campus Universitario Ourense Coosur B. Pecha a táboa o Barbanza con 6.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios