Amigus
As Pontes

Complicado grupo para España e Rochela na segunda fase do Europeo Sub 19

No sorteo celebrado hoxe á mañá, os dous últimos campións de Europa sub19, e os dous grandes favoritos ó título, España e Alemania, enfrontaránse na Segunda Fase do Europeo sub19, no grupo 7, no que tamén estará a complicada República Checa, e a selección de Estonia, que exercerá de anfitriona no minitorneo a disputar entre os días 21 e 27 de Maio. Tan so os sete campións de cada grupo uniránse a Ucrania, organizador da Fase Final, a disputar entre o 21 de Xullo e o 2 de Agosto, e onde agardemos que estén España e Rochela.


Tamén se sorteou a Segunda Fase de Clasificación do Europeo sub17 no que España tivo máis sorte e ademáis de organizar o minitorneo, terá como rivais á República Checa, Bélxica e Kazakhstán. Neste caso tamén os 7 primeiros de cada grupo uniranse ó organizador Alemania na Fase Final a disputar en Maio.
Por último, a sub21 tamén estivo pouco afortunada no sorteo da Fase Final do Europeo a disputar en Suecia, en Xuño, pois caeu no Grupo B e xogará xunto a Alemania, Inglaterra e Finlandia. No Grupo A estarán Suecia, Italia, Serbia e Bielorrusia.
España, a pesar dos duros rivais, ten moitas opcións en calquera dos tres torneos pois cabe recordar que foi campiona de Europa sub17 en 1986, 1988, 1991, 1997, 1999, 2001, 2007 e 2008; sub19 en 1995, 2002, 2004, 2006 e 2007, sub21 en 1986 e 1998.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios