Conseguindo unha shell de root no HTC Magic

Lendo galpon.org:
“Todo comezou un gris venres de Maio cando un tal nicola_it descubre por casualidade o fastboot do HTC Magic e o publica en xda-developers. A partires de ahí ó Sr. Hauykuro (gañaches un palé de Nesquik, chaval) lle leva un par de días ‘cociñar’ a solución.”…


…”Pero imos ó gran:
Ante todo dicir que eu nin a asociación nos facemos responsables do que poida pasar ó teu móbil facendo caso ó que pon aquí, procura facer antes unha copia de seguridade dos teus datos e bla bla bla…
Aclarar que no proceso non se debería perder ningún dato nin configuracións, eu teño todo como antes, configuracións, programas… Eu probeino no Magic de Vodafone, non sei como funcionará nos doutras compañías.
Software preciso
– Primeiro baixámonos o sdk de desenvolvemento de aquí e o descomprimimos.
– Tamén precisamos o fastboot e o descomrpimimos no cartafol tools do sdk.
Udev rules
Creamos unha regra en udev para que recoñeza o teléfono, creamos un novo arquivo, /etc/udev/rules.d/51-android.rules co seguinte contido:

SUBSYSTEM==”usb”, SYSFS{idVendor}==”0bb4″, MODE=”0666″

e lle damos permisos adecuados:

chmod a+rx /etc/udev/rules.d/50-android.rules

Eu reiniciei o equipo, pero quizais non faiga falla.
Activando soporte de Depuración USB
Deberemos activar o soporte de Depuración USB no teléfono. Para elo imos a Axustes > Aplicacións > Desenvolvemento e activamos Depuración USB. Eu reiniciei o teléfono, pero quizais non faiga falla 😉
Comprobando a conexión
Conectamos o teléfono á nosa máquina e no cartafol tools do sdk executamos ./adb devices. Debería saír algo así:

daemon not running. starting it now
daemon started successfully
List of devices attached
HT93ZKF11221 device

É que a cagamos. Revisa os pasos e busca un pouquiño no google.
Á carga!
Estos pasos están vilmente copypasteados do post de Haykuro:
Baixando imaxes
Baixamos e descomprimimos isto e isto.
Cargando as imáxes
Apagamos o móbil e o acendemos coa tecla de baixar volume (a do lateral) pulsada. Deberíanos saír unha pantalla branca cuns androides en monopatín (que rariños son estes de google, non?).
Entón executamos no computador:

fastboot boot boot-new.img

Pulsamos a tecla volver do teléfono e debería comezar a cargar. Cando remate de cargar executamos isto:

adb push boot-new.img /sdcard/boot-new.img
adb push recovery-new.img /sdcard/recovery-new.img
adb shell flash_image boot /sdcard/boot-new.img
adb shell flash_image recovery /sdcard/recovery-new.img
adb shell reboot

Fin
O teléfono reiniciarase e logo xa poderemos executar ./adb shell que nos devolverá unha bonita shell de root (coa súa almhadilla e todo ;).
Se atopades algún fallo neste documento, ou non vos funciona ben podedes contactarme no meu correo , o twitter ou lareta.
E iso é todo amigos… simplemente dar as gracias ó señor Haykuro polo curro e esperar que comece a facer máis cousas bonitas con este móbil pronto.”…
Fonte: galpon.org

También podría gustarte
Comentarios