CUARTA PRAZA PARA O CR FENDESTESTAS NA COPA XUNTA

O torneo tivo lugar este mércores en Ourense

Este mércores día 17 o equipo pontés de Rugby Fendestestas desprazouse a Ourense para a disputa da Copa Xunta na modalidade de Seven.

Estiveron no grupo B, e perderon 0-40 contra o CRAT A, gañando 28-10 ó Coreti Lalín, pasando a semifinais xunto ós tres campións de cada grupo, ó ser o mellor segundo de tódolos grupos.

Semifinais nas que perderon 0-59 ante o CU Ourense A, e na loita polo bronce 5-62 ante o Universidade de Vigo. Na final, os locatarios ourensáns venceron 35-19 ao CRAT A. Na quinta praza acabaron Os Ingleses, sexto CRAT B, sétimo Muralla de Lugo, oitavo, CU Ourense B, e noveno Coreti Lalín.

Na categoría feminina venceu o CRAT, por diante de Coreti Lalín, CU Ourense, Muralla, Santiago e Universidade de Vigo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios