Denuncian ante o TSXG a vertedura de toneladas de refugallos industriais contaminantes en Ferrolterra

Adega afirma que hai milleiros de toneladas de “tecnosolos” vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos na comarca de Ferrolterra, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) vén de coñecer os resultados das análises das verteduras de refugallos insdustriais nos montes de Ferrolterra, dende Narón ás Somozas. “Son milleiros de toneladas de “tecnosolos” vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana”, afirman.
“Centos de hectáreas de prados e montes aparecen cubertas cunha grosa capa de material cheirento, cuxo pó impregna a roupa e penetra nos pulmóns”


A asociación indica que estes refugallos “semellan provir de subprodutos industriais e lamas de depuradora” e, alías, non se están a aplicar sobre chans degradados, “senón sobre prados e montes con actividade agrícola e gandeira”.
Risco para a saúde ambiental e cidadá
Perante o grave risco que para a saúde ambiental e cidadá que poden supoñer estas prácticas, Adega anuncia trasladará os feitos á Fiscalía do TSXG para que investigue o que podería ser un grave delicto ambiental.
Adega sinala que varios dos seus membros a petición dos veciños desprazáronse até a parroquia de Cargas (As Somozas) veciña ao polígono industrial no que se tratan a maioría dos refugallos industriais de Galiza.
Panorama dantesco
O panorama é dantesco, afirman: “Centos de hectáreas de prados e montes aparecen cubertas cunha grosa capa de material cheirento, cuxo pó impregna a roupa e penetra nos pulmóns. Moreas de lamas depositadas en prados, sobre fontes, a carón de ríos e leiras nas que pasta o gando”

También podría gustarte
Comentarios