Dispoñíbel o OpenOffice.org 3.1.0 en galego

Lendo mancomun.org:
“Tan só uns días despois do lanzamento da versión do OpenOffice.org 3.1.0, desde Mancomún queremos presentarvos a versión en galego desta estupenda suite ofimática.
A nova versión pode descargarse desde a páxina web oficial do OpenOffice.org en galego e tamén desde a páxina oficial de Sun en http://download.openoffice.org/other.html.”…


…”Algunhas das novas características xa foron anunciadas hai uns días nesta mesma páxina, mais tamén queriamos recordar outras das funcionalidades máis clásicas:
* A interface do programa atópase traducida ao 100%, no entanto, na axuda estamos ao redor dun 71% de contido traducido. Agora mesmo estamos traballando para tentar conseguir que a vindeira versión 3.2 teña a axuda traducida de novo ao 100%.
* O corrector de galego de Mancomún vén preinstalado como unha extensión (ademais de correctores para outros idiomas como o castelán, inglés, …)
* Tamén temos dispoñíbel para a instalación o guionizador de galego para OpenOffice.org
Calquera erro que poidades atopar na tradución, tanto do OpenOffice.org como doutros produtos, nolo podedes notificar a través do formulario de contacto da web:
http://www.mancomun.org/ferramentasdoportal/contacto/
Para comprobar que as descargas se realizan de xeito correcto, unha vez rematada a descarga, podes facer a comprobación de MD5 usando o seguinte ficheiro para contrastar os teus resultados.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios