Edición musical en GNU/Linux

Lendo agnix.org:
“Varias persoas interesadas en edición musical non migran cara Sw Libre porque cren que non hai substitutos aos SoundForge, Sonar ou FruitLoops que adoitan empregar en plataforma privativa.
Certo é que algunhas interfaces semellan ser máis sinxelas ou até primitivas mais o rendemento xeral que podes acadar con estas aplicacións é para moita xente ben maior en GNU/Linux. E iso é o que importa!”…


…”Uns exemplos para cada un dos teus obxectivos:
* Audacity para gravar e editar son.
* Rezound para fins semellantes ao coñecido Audacity.
* Rosegarden para editar MIDI.
* MusE é un secuenciador MIDI/Audio.
* Ardour para dispor dunha estación audio dixital coa que graves, edites e mistures pistas.
* Hydrogen programa ritmos.
* Lilypond para partituras e notacións musicais.
* Common Music (CM) é un contorno de composición musical orientado a obxectos.
… e tanto outros que podes atopar en Linux Sound.
Para rematar este artigo deixo unha ligazón moi interesante dalgo que teño entre os meus moitos asuntos pendentes: pasar os vellos vinilos a CDs 😉“…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios