ESCOLMA DE DATOS CONTADOS NA RADIO LOCAL POR DON ENRIQUE RIVERA ROUCO: A CHEMINEA, FEDERICO MACIÑEIRA, A PONTE DE ILLADE, ESCUDO DOS RODRÍGUEZ, A MATANZA DO PORCO, OS ARTESÁNS, AS MANTECADAS

Si a pasada semana recollía diferentes artigos escritos de don Enrique, esta semana preséntovos sete pequenos artigos orais, que nos contou na Radio Local a mediados dos anos noventa.
Quero salientar, entre eles, os datos que se nos aporta no dos artesáns de As Pontes, así coma no das mantecadas ó falarnos de dona Pilar Prieto Penabad, como a muller que trouxo a As Pontes a gastronomía das mantecadas a principios do século XX. Rematada a Feira do Grelo, podíansenos ocurrir a todos iniciativas para a promoción deste outro producto pontés, que ó parecer tivo unha orixe monacal.


A CHEMINEA (Programa do 95)

Chimenea - As Pontes

(A presentadora do programa dá os seguintes datos: Construcción iniciada en 1971, e rematada en 1974. Preto de 5000 operarios na súa construcción. 362 metros).
É coma un símbolo de As Pontes. Falar de As Pontes noutras rexións é xa traer á memoria á chimenea. É un mérito, un símbolo de orgullo de ter aquí a chimenea máis alta, acaso do mundo, como dicen.
…Son 362 metros, pois son 350 de estructura de hormigón, máis 12 de saliente dos tubos… é a máis alta de Europa, é a segunda do mundo, xa que hai outra máis alta na cidade de Toronto en Canadá.
… Era necesaria segundo os planes para difuminación das cinzas e contaminacións. Algúns técnicos alemanes e japoneses que houbo aquí dixeron que non era necesaria, porque últimamente se atoparon outros medios para eliminar a contaminación e as cinzas que saían, mediante un paso do fume entubado sobre pocillos de decantación, que en cada pocillo ía caendo parte da cinza… entón bastaba cunha chimenea moito máis baixa, quizais de cincuenta metros…
…os traballadores que foron avanzando en altura non padeceron tanto o vértigo, tivérono os que quixeron incorporarse a media obra e non lles foi posible. Ó mirar abaixo sufrían o vértigo. Os primeiros chegaron ata o final, incluso con demasiada confianza, que foi causa de moitos accidentes.
… a area caía dende esa altura, collía unha velocidade enorme, picaba a pintura dos turismos que había aparcados no entorno. Tiveron que separalos a grande espacio da chimenea. Algunhas ferramentas que caeron causaron unha grande impresión. Caían á velocidade dunha bala. Houbo un dos accidentes que foi unha pedra minúscula, pequena, o traballador que se chamaba Toñito, do Freixo, estaba agachado preparando algún traballo e caeulle nos cervicales e entroulle coma se fora un tiro de fusil e quedou morto no acto.
… nunca subín a ela…
…súbese en ascensor, a subida é polo tanto fácil, pero unha vez arriba todos se asustan. Primeiro polo vértigo ó ver o pueblo tan pequeno abaixo, e despois por unha oscilación continua, din que se move a un lado e a outro uns catro metros, dando a impresión de que se vai a partir polo medio, eso aumenta o susto dos visitantes que suben…
… é máis alta que a torre Eifel, que so ten 320 metros…
FEDERICO MACIÑEIRA
Federico Maciñeira foi miembro titular de Bellas Artes especialistas nestas labores de investigacións, natural e veciño de Ortigueira, fixo excavación das medoñas desde Ortigueira hasta Betanzos, seguindo esta ruta donde abundan, editou a primeira obra sobre estas investigacións que é unha obra fundamental de donde parten os actuales investigadores para completar, continuar, e perfeccionar estos estudios.
OS CHAOS, O SEU LUGAR FAVORITO…
¿Cal é o lugar (de As Pontes) que máis lle gusta a vostede?
Pois quizais seña porque eu nacín nel, a zona llana que hai desde o Chamoselo polo lugar dos Chaos e Cuíña, hacia Pontoibo, ese valle que é frondoso e que conserva moito arboledo, moito roble, a min gústame moito.
A PONTE ROMADA DE ILLADE (programa do ano 96)
Ola, moi bos días, escomezamos unha vez máis un comentario en col á historia de As Pontes, hoxe vamos falar da Ponte romana que houbo en Yllade.
A Ponte Romana de Yllade era pouco coñecida aquí en As Pontes, ainda que ten o mesmo mérito que a Ponte do Chamoselo, tén o mismo formato; foi trasladada afortunadamente, ó refugio do Caneiro, por iniciativa do actual alcalde Aquilino Meizoso, houbera perecido no desmonte de terras de Endesa. Atopábase a unhos dous kilómetros ó noroeste de As Pontes sobre do río tamén de nombre río Illade, e na ruta primitiva de As Pontes á Barqueira, segundo denominan este camiño a tradición popular e os antigos documentos das fincas dos barrios de Illade, Seara, Grou, Fronzal, etc. Dito seña de paso, que o nombre Grou é un vocablo primitivo da lengua sanscrita importada polos celtas que significa camiño, en concordancia co mismo vocablo derivado do verbo latino gradere, que significa caminar…
Trátase con toda seguridade dunha ramificación da vía secundaria romana de Lugo á ría de Ferrol, unha ramificación hacia Cedeira ou Mera, bifurcándose nas Pontes, onde quedaban restos do seu empedrado na zona da Casilla e en inmediacións da ponte.
Esta ponte é sencilla de un solo arco cunhos cinco metros de diámetro e unhos dous metros e medio de anchura no andén, sin pretiles, composto por sillares de roca pizarra da comarca. Os sillares anque irregulares en tamaño, ostentan un perfil elegante dentro do arco cun aspecto antiquísimo. Posee as características fundamentales das construccións romanas, o arco de medio punto, un pouco vencido polos pesos de transporte que alí soportou, bóveda de sillares en seco, largas rampas de acceso con rasante hasta a parte alta da ponte, cepas fuertes na base, seguindo a forma lixeiramente trapezoidal, vestixios na cara norte dun frixio sobre o arco, etc.
Mentras que as pontes medievales e posteriores non suelen levar arco de medio punto, senón arco de carpanel, o sea máis horizontal, exhiben menos esmero na execución de plantas rasantes, sillería no uniforme e mampostería de grandes dimensións, presentando un aspecto menos atrainte e máis desproporcionado.
Nos restos do camiño en que estaba situada pode apreciarse un robusto empedrado con chantas ou lajas, grandes e cantos rodados, así como tajeiais primitivas e bloques de pizarra. Todavía quedan, despois da casilla, a pesar do desmonte que fixo ENDESA.
Todo esto é coherente ca denominación de puente romano que dende sempre se lle chamou. Polo menos hai que recoñecer que na súa construcción foron seguidos os cánones arquitectónicos romanos, por eso si non data da era romana, non pode ser moi posterior, i en consecuencia merece ser conservado, i agora si se conserva no refuxio do Caneiro.
Ata o próximo programa que xa saben se emite os mércores á unha e media.
ESCUDO DE ARMAS E LINAXE DE GARCÍA RODRÍGUEZ DE VALCARCE (Programa do ano 96)
O Instituto de Investigacións Heráldicas e Madrid que se chama “Heráldica Agar”, que tén a situación na calle de Vallehermoso 59, dignouse informarme acerca do escudo de armas, i envioume unha lámina e información do mismo feudal, do seu linaxe, dos García Rodríguez de Valcarce, habendo consultado as fontes históricas ás que eles teñen acceso na biblioteca de Madrid, nos archivos do Reino e institucións culturais. Esta información i esta lámina a conservo dende 1982 aquí no Archivo histórico. O escudo de armas o describe desta maneira: en campo de plata nueve cañones de oro puesto en tres fajas de a tres. Nótase que era un guerrero que usou o símbolo da guerra. O linaxe contén unha larga descripción desta casa no decurso dos séculos, a partir do século XIV en que se posesionara aquí no noso val de As Pontes, e logo propagouse por Vilafranca do Bierzo, Extremadura, Sevilla, Medina Sidonia e Canarias.
O relato que me mandaron é moi conciso en canto ó primeiro García Rodríguez de Valcarcel, obviamente ó non haber datos, porque non posuía popularidad, xa que foi un soldado sin renombre ata que o rei Enrique II o premiou con feudos. Dice “su origen es gallego, se propagó a Villafranca del Bierzo por el matrimonio de su familiar María Rodríguez de Valcarce con don Álvaro de Osorio, señor de Villafranca y antepasado de los duques de Medina Sidonia”. Dentro do resto do historial, ó referir a formación das tres ramas principales en Canarias dice: “la primera cuyo tronco fue García Rodríguez de Valcarcel, primero del noble nombre originario del antiguo solar de Galicia, etc”, en resumen, está demostrada a procedencia galega da estirpe García Rodríguez de Valcarce, que por outras fontes consta que foi membro da familia de Andrade, así o constata o célebre historiador Crespo Pozo, que dice que foi neto de Nuño de Andrade, fillo de Jon Freire de Andrade e de Constanza Rodríguez e que foi feudal nas Pontes en tres generacións, o sea que, durante finales do siglo XIV e todo o siglo XV dominaron os García Rodríguez nas Pontes, foi abuelo, pai e neto. O primeiro nombrado feudal de aquí foi o padre, a finales do século XIV e por Enrique das Mercedes en premio por haber loitado en favor seu en contra de Pedro el Cruel.
Este escudo non se atopa en As Pontes, lamentablemente o castelo, a fortaleza que tivo aquí desapareceu, constata o historiador de Pontedeume Couceiro Freijomil que en 1603, esa fortaleza estaba en ruinas e deshabitada, porque García Rodríguez ó entroncar ca familia de Lemos por parentesco, abandonou a estancia, que xa non era principal aquí porque levaba máis feudos na zona de Ferrol, ese castelo foi á ruina, os veciños do pobo apoderáronse das pezas de granito, as pezas de granito que hai hoxe nas calles de San Juan e na Calle Real, incluso algún trozo que se ve decorado procede de esa fortaleza, i o solar, segundo a tradición popular, estaba detrás da calle de San Juan contra o río Eume. Nótase perfectamente hoxe o solar, un macizo cuadricular onde estaba ubicado. Pero de ese escudo non ten aquí ningún exemplar.
O actual do Concello é distinto, foi feito con base nas dúas pontes e conserva a imaxe da fortaleza que houbo, de García Rodríguez, e ten as dúas pontes, a ponte feita por el que é a ponte vella e a ponte dun arco que é a ponte romana. Ese é o actual escudo que foi todavía restaurado que estaba moi degenerado nos debuxos que se fixeron ó largo do tempo e que hoxe temos perfectamente restaurado.
A MATANZA DO PORCO (programa do ano 94)
Esta é a época por razón, primeiramente do clima, da matanza do porco, era un verdadeiro festín na familia repleto de grande alegría e animación. Actualmente soamente se celebra nas aldeas e sen a fastuosidade de antes. Para o día da matanza avisaban un matachín, se non o había na propia casa. Ou seña, un home coñecedor da maneira de clavarlle o coitelo ó porco para desangralo, e seguidamente facerlle o raspado do pelo e o degüello pertinente.
Para comer nese primeiro día o matachín, a familia, e algunha outra persoa que axudara a facer este traballo, era reservado algún dos lacóns ou xamóns do ano anterior. A grande festa ocurría ó día seguinte, despois de partir e poñer a salar os trozos do canal do porco, viña a gran cea. Eran invitados os familiares e amigos para cenar, e en medio dun ambiente de gran alegría comían cos bocados máis sabedores do cocho, o raxo ou solomillo, bistecs, etc.
Terminando cos pratos fortes de a grasa exprimida, ou seña os roxós, e as filloas, ou freixós de sangre. Todo en cantidade rebosante, e con abundancia de viño ribeiro e outros licores. Así pasaban a primeira hora da noite, comendo e bebendo espléndidamente e con bromas e chanzas. Invitían o resto da noite xogando á baraxa, e de cando en cando repetindo a bebida e en clima de jolgorio.
Na actualidade van decaendo estas festas familiares cunha vida moderna máis individualista e na que ós xóvenes non lles van as diversións tradicioais. Mesmo así, debido a que hoxe se come ben habitualmente, perden importancia aquelas comidas extraordinarias, mais non se poden olvidar os valores positivos que tiñan de hermanamento entre os familiares e amigos i esquencer por un día os traballos que se pasaban todo o ano.
OS ARTESÁNS EN AS PONTES (programa do ano 94)
FACTURA DE MIGUEL VARELA
6fac_varela.jpg

Segundo o Censo do Marqués da Ensenada (1752), había aquí un grande número de artesáns, en pieles, albardeiros, cesteiros, zoqueiros, carboneros, fundidores, etc. Lamentablemente dende fai anos veñen desaparecendo estos oficios. Imos a nomear os que había dende principios do noso século e na actualidade.
Foron célebres en fundición de metales, José Castro, do lugar das Cortes; Ramón Paxón, que viveu e tivo a súa forxa diante á Igrexa parroquial no bloque de casas recentemente desaparecido. José Vilaboy Pajón, que pouco hai que morreu, que traballaba na súa casa na Avenida da Coruña número 20, era un fundidor de metales que conseguía obxetos e adornos de grande elegancia.
Houbo tamén un plateiro na Avenida de Galicia número 14, que ainda hoxe é coñecida pola casa do plateiro, onde despois viveu o fotógrafo Celedonio Vila.
Tamén houbo dous fabricantes de vajillas e obxetos de barro. Un era o forno das cuncas, que estaba situado onde esta hoxe a casa número 26 da Avenida da Habana. Recordamos os maiores o edificio deste forno, que se metía na carretera que ía a Somede, que vai hoxe hacia o Pantano, e para facer un encheo da carretera e alinear as casas foi demolido.
E tamén había a chamada casa da Cunqueira, na rúas das Veigas número 50, era a casa da Beatriz do Rego do Muiño, onde tamén se fabricaban obxetos de barro para uso doméstico e para adorno.
O mecánico Miguel Varela, que tivo o seu taller de coches na Avenida da Coruña, temos que consideralo un verdadeiro artesán, pois facía a base de torno e de paciencia, moitas pezas de coche que non existían no mercado. Sobre todo, dos camións e coches que na guerra lles colleron ós rusos. E como Franco non tiña relacións con Rusia, cando facía falta unha peza, aquí acudían a Miguel Varela. Usáronse moitos daqueles camións na construcción da primeira térmica. Incluso facía o cigüeñal do camión, que é unha cousa dificilísima, pero tiña unha grande habilidade e paciencia para estos traballos.
Tamén houbo un cereiro, que morreu pouco hai que se chamaba Serafín Pérez, da Riveira Vella, e facía traballos de cera, velas, e figurillas como vacas e outros animales de cera que eran para despois levar ás romerías e ofrendar ó patrono da romería, e facía estos traballos no seu lugar da Riveira Vella que quedou sumerxido no Embalse da Presa da Riveira, e dende entón traballaba na rúa Castelao número 4, pero morreu hai unhos anos.
Houbo un tapiceiro, que tamén morreu hai pouco, na Avenida da Habana número 49, xunta o chapista Alejo Pita. E un cerralleiro, Francisco Gómez, coñecido aquí coma “o vello Levizas”, que tiña o seu pequeño taller na calle Castelao número 30, era mañoso en reparacións de obxectos metálicos ou domésticos.
Na actualidade destaca en labores de fundición de metal José Rodríguez Pajón, que tén o seu taller na Avenida de Ferrol 65, xunto á capela do Carme, e fai traballos especializados en adornos metálicos.
En madeira, temos a artesanía Severiano, dos irmaus Castro Romero, en Tras da Ponte, onde consiguen obxetos de grande calidade i elegancia. Tamén traballan neste ramo de artesanía David Seco e o seu fillo Manuel.
En fabricación de instrumentos de gaita temos a Manuel Cuba, que tén a carpintería para estos instrumentos na rúa Cabañas.
Tomando a artesanía en sentido amplio, quedan dous hábiles cerralleiros, xa ancianos, Jesús Castro Gregorio, coñecido por “Fontelimpa”, que traballa na Avenida de Ferrol número 17, e Sergio Corral, coñecido por “Pedreiras”, que traballa na Avenida da Habana número 3, que con grande inxenio fan traballos de reparación de cousas domésticas e de cousas laborais.
AS MANTECADAS (Programa de 1995)
… ó falar da gastronomía de As Pontes a moitos se lles virá á memoria o lacón con grelos, por ser un manxar exquisito nesta comarca e pola popularidade que lle vén dando a FEIRA DO GRELO, pero temos tamén outra clase de comida, selecta e deliciosa, a mantecada de As Pontes, que é merecente dun mayor renome do que veu tendo, pois supera en bondade e sabor ás que sen fan nos demais sitios.
Os ingredentes con que se fan, fariña, ovo, manteiga de vaca cocida e azucre, son análogos os usados noutros pobos. Entón, lóxicamente, a distinción da calidade das nosas mantecadas, teñen que provir da materia prima, aparte da técnica dos nosos productores.
Efectivamente en As Pontes úsanse escrupulosamente, neste caso, productos conqueridos nas aldeas de eiquí, nada de comercializado, nin nada de importanción. Ou seña, manteiga auténtica de vaca do país, sin desnatar ou descremar o leite, e flor de fariña cosechada nas cercanías.
Así se consiguen as nosas mantecadas de magnífico paladar e de constitución sustanciosa, que as fai duradeiras durante largo tempo, sin que se poñan secas.
Anque nunca se lles fixo propaganda, son xa coñecidas noutros lugares para os que hai envíos de encargos.
Esta clase de mantecada foi introducida en As Pontes nos principios deste século por doña Pilar Prieto Penabad que deprendera este traballo de confitería a unha veciña de Muras, coñecedora de él, tras haberse instruído nun convento de monxas. Esta señora, dona Pilar, vivía na calle de San Xoán número 2, e esta familia Prieto residía na calle Real de As Pontes, e eran da súa propiedade os edificios número 11 que tén o estanco, o 15 é a Casa de Mosteiro, e tamén outro edificio que está máis retrasado, coma nunha callejuela sin salida e que é o número 13, e que nos documentos antigos chamábase o Calexón Baraca, e foi unha familia distinguida, tivo un familiar misioneiro nas montañas do Ecuador no século XVIII, foi poseedora de moitas propiedades, fundou a primeira hidráulica de As Pontes en 1908, que suministrou enerxía eléctrica ata a chegada da Empresa Calvo Sotelo.
Na actualidade quedan algunhos sucesores coma os Prieto López, dos que procede dona Filomena Prieto do estanco; os Mosteiro Prieto; os Prieto Vérez, de Tras do Rego; os Bahamonde Prieto da Farmacia, e algunhos outros.
… sin duda que se debera de promocionar porque o material así o merece. Acaso non se fixo porque os productores de aquí limitáronse a suministrar ós peticionarios de aquí de cerca, terían que traballar a mayor escala. Quizás tamén por falta de amor propio, diríamos, por non lle dar unha popularidade como fixeron en Mondoñedo coas tartas. Púdose haber feito. Faltou iniciativa.
Transcripción dos programas
Xabier Martínez, nos derradeiros intres do Círculo Lítico.

También podría gustarte
Comentarios