Europa ama o Sw Libre pero executa Window$

Lendo agnix.org:
“Os gobernos de Europa levan ben tempo coa inquedanza ao redor da súa dependencia respecto do software de Micro$oft mais isto, lamentablemente, non deixa de ser só unha retórica.
Durante o pasado recente o certo é que en Europa case que non houbo migracións a pesares do barullo que levan feito diversos cargos electos sobor de ambiciosos proxectos onde o troco cara Sw Libre semellaba inmediato.”…


…”Francia, Alemaña, España e Noruega eran as principais candidatas. Nembargantes a porcentaxe é evidente: o 95% de tódolos PCs da xente traballadora do goberno europeo aínda executan Window$ de acordo coa IDC, segundo din en Wired.
É ben certo que na función pública é ben dificil calquera troco tecnolóxico mais isto non abonda para excusar a case que nula actuación a prol de migracións e si moita verba inútil e estéril. Abonda con ollar para os PCs que o Parlamento español vén de mercar aconsellados por unha consultora tamén estranxeira. “…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios