FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA INFANTIL: CD AS PONTES – CD CARIÑO (9-0)

O As Pontes pasa a liderar a clasificación da fase final de ascenso á liga galega despois do seu amplo triunfo sobre o Cariño en partido correspondente á terceira xornada desta segunda fase que tivo que aprazarse por enfermidade de varios xogadores do conxunto do Ortegal. O resultado final foi de 9-0 a prol dos de Rebolo (ó descanso, 5-0).
Clara superioridade dos ponteses perante un Cariño que puxo gañas, pero nada puido facer ante a calidade e superioridade dos xogadores do As Pontes, que incluso puideron haber marcado máis goles, pero, unhas veces os postes e outras a mala fortuna impediron que o marcador fora más abultado.
futbol_infantil_01.jpg


O As Pontes aliñou a Ángel Prieto (Manuel Tojeiro, 56), Brais Martinez (Alberto Lozano, 56), David García (Jorge Rodríguez, 56), Iván Carballeira, Álex Pico “Hull”, Brais Blanco, Nahúm Martinez, Alejandro Picallo, Álex Fernández, Enrique Fornos (Ángel Meizoso “Rooney”, 63) e Diego Filgueiras (David Rey, 63).
A secuencia dos goles foi: Min. 10 (1-0), en propia meta. Min. 17 (2-0), Nahúm. Min. 31 (3-0), Nahúm. Min. 35 (4-0), David García. Min. 37 (5-0), Brais Blanco. Min. 42 (6-0), Nahúm. Min. 45 (7-0), Diego. Min. 57 (8-0), Enrique. Min. 74 (9-0), Roony. Arbitrou o encontro o ferrolán Caruncho Paz.
Despois de tres xornadas disputadas o As Pontes ocupa a primeira posición con nove puntos, dous máis que Racing de Ferrol. Mañá sábado 20 enfróntanse estes dous equipos no campo da Gándara (11,00) nun partido que de seguro resultará interesante e moi competido, cun As Pontes que gañou tódolos partidos da liga e os tres que van desta fase, marcando 136 goles e recibido tan só 13, e un Racing de Ferrol que foi campión do seu grupo con 17 partidos gañados, dous empatados e unha derrota e nesta fase leva dúas vitorias e un empate. En terceira posición está o Meirás con seis puntos.
Nova cortesía de A.F.
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg
futbol_infantil_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios