Amigus
As Pontes

Galicia sitúase no cuarto posto da clasificación de empresas de software libre por comunidade

Lendo codigocero.com:
“O software libre é unha boa oportunidade de negocio e de desenvolvemento tecnolóxico para Galicia, e dende hai anos véñense rexistrando certos sinais de actividade neste eido.
A boa disposición desta alternativa vese certificada estes días polos datos achegados dende a web do Libro Branco do Software Libre, onde Galicia figura no cuarto lugar do ranking de empresas que ofertan soporte ou servizos baseados nos programas de código aberto, só superada por Madrid (que ten 107), Cataluña (106) e Andalucía (64). Galicia, onde foron localizadas 32, ponse así por diante do País Vasco (30), Valencia (29) ou Canarias (21).
Polo que respecta a grupos de usuarios, Cataluña (con 29) e Madrid (20) encabezan a listaxe e Galicia, con sete, ocupa un posto medio da táboa. Por centros educativos, Estremadura constitúe con moito o exemplo máis salientable, liderando o grupo con 494, seguida a moita distancia de Andalucía con 76 e de Valencia con 16.”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios