Amigus
As Pontes

HOMENAXE A MONCHO VALCARCE, UN HOME COMPROMETIDO CO SEU POBO

Este domingo 29 preto dun cento de persoas participaron nun acto de homenaxe a Moncho Valcarce, máis coñecido polo cura das Encrobas. Un acto, celebrado no instituto que leva o seu nome na vila de As Pontes, cheo de moita emoción, agarimo e loanza para un home comprometido co seu pobo, como foi o querido e lembrado Moncho, que viviu nas Pontes os derradeiros anos da súa vida antes de falecer na súa cidade natal, A Coruña, en febreiro de 1993.
Moncho Valcarce formou parte do equipo da parroquia de As Pontes, foi crego de varias parroquias ponteses, mestre, colaborador en radio Eume e un dos fundadores do Grupo Niño do Azor, entidade organizadora desta máis que merecida homenaxe. Con anterioridade Moncho Valcarce estivera nas parroquias de Sésamo e Sueiro, do concello de Culleredo.
Trala inauguración dun busto e o son do himno do Antergo Reino de Galicia, Xosé Antón Ramil, máis coñecido por Elías, un dos promotores deste acto, comentou sobre Moncho que fora unha persoa moi humana e moi solidaria con todos. Na base do busto, colocado á entrada do instituto, leva unha inscrición que di “Moncho Valcarce (crego galego 1935-1993) iluminounos coa súa palabra, a súa humanidade e a súa dignidade, As Pontes, 2014”.
“moncho-valcarce”


Os chairegos Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias, máis coñecidos por Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla, tamén tiveron palabras de loanza para Moncho. De seguido interveu Xácome Santos, secretario da Irmandade Moncho Valcarce, quen dixo que Moncho fora un home moi comprometido co seu pobo. Alfonso Blanco, crego de Guitiriz e membro de Xermolos, non quixo faltar a esta cita e tras unhas palabras adicadas ó seu amigo Moncho partiu para a súa vila, pois tiña moitos compromisos na súa parroquia.
Logo participaron dúas poetisas galegas, a pontesa de Somede, Medos Romero, que leu varios poemas, un deles sobre As Pontes e a espoliación da terra. Pilar Pallarés, poetisa nada no concello de Culleredo, falou dos recordos que tiña de Moncho e leu varios dos seus poemas.
O acto rematou co himno galego a cargo de Os Feroces da Galgueira e varias pezas tradicionais do grupo A Quenlla.
As Pontes, 29 de xuño de 2014 (AF)
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
moncho-valcarce
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios