Amigus
As Pontes

I Campus de Rugby Vila das Pontes

É unha actividade multideportiva con carácter lúdico baseada na iniciación deportiva e nos valores do rugby, dirixida a nenos e nenas nados entre 2005 e 2011.

O CR Fendetestas e o Concello das Pontes organizan o I Campus de Rugby Vila das Pontes, unha actividade multideportiva con carácter lúdico baseada na iniciación deportiva e nos valores do rugby, e dirixida a nenos e nenas nados entre 2005 e 2011.

O campus terá lugar entre o 4 e o 8 de setembro (10:00-14:00h) no campo de rugby Monte Medulio (As Pontes), e contará con actividades como iniciación ao rugby, iniciación a deportes alternativos, visitas culturais, visitas de xogador@s profesionais…

As inscricións pódense realizar a través do email fendecampus@gmail.com ou ben na Cafetería Bar O Mercado Vello.

Nova cortesía de Carla da Silva

También podría gustarte
Comentarios