Ismael Veiga segundo no Campionato Galego de Super Cross

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro acadou a segunda posición na terceira proba do Galego de Super Cross disputada en Ames este fin de semana.
Na primeira manga foi segundo por detrás de Adrián Garrido e na segunda na que volveu a gañar Adrián logrou a terceira posición.


Na clasificación final senior Adrián sumou 50 puntos, Ismael 36 e Francisco Vilaboa 31. Polo tanto logrou a victoria na categoría junior aventaxando en 5 puntos a Vilaboa e en 12 a Aduanich Rodríguez, terceiro.
En alevín ganou Joel Antón, en cadete-xuvenil Rubén Fernández, en Promoción Marc Martínez e en veteráns Francisco González.
A cuarta proba das sete que compoñen o Galego de Super Cross disputarase esta fin de semana en Meis.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios