Lanzamento do II Congreso ON LINE do Observatorio para a CiberSociedade
Lendo codigocero.com:
“O Observatorio para á CiberSociedade convoca o seu II Congreso Online baixo o título ¿Hacia que Sociedade do Coñecemento?. Entre os días 2 e 14 de novembro do 2004 analizarase, cunha perspectiva crítica, a xénese, desenrolo mailas implicacións para a política, a economía e sociedade dun dos discursos máis ambiciosos e utópicos dos últimos anos: a Sociedade do Coñecemento.
A Concepción deste congreso é novedosa ó tratárense dun punto de encontro no ciberespacio para o mundo académico, a empresa, administracions, sociedade civil e os usuarios das Tecnoloxías da Información.”…
…”O Congreso contará con diferentes grupos de traballo, que, ó igual que os habituais simposios, seminarios ou talleres dos congresos tradicionais, deben artellarse ó redor dunha temática concreta dentro do amplo campo do cibersocial, e en particular, dentro da temática central do Congreso.
O plazo para presentar candidaturas de grupos de traballo xa está aberto ata o 11 de xuño. Os interesados poden enviar as súas propostas ó e-mail da organización do Congreso: congreso@cibersociedad.net
O obxectivo principal do Congreso é tratar de respostar preguntas como as seguintes: ¿é a Sociedade do Coñecemento unha análise da realidade social, unha ferramenta política ou un concepto vacío en máns do poder e do vello capitalismo, levado agora a unha escala macro-corporativa e planetaria?, ¿estanse desenrolando políticas públicas para introducir as Tecnoloxías da Información na Educación ou na Administración Pública?, ¿Qué supuxeron os fenómenos de organización espontánea / instantánea da chamada Sociedade Civil ante os antentados do 11 S ou do 11 M?
O Congreso conta co apoio de varias institucións e medios de comunicación, entre as que destacan a Generalitat de Catalunya e a Diputació de Barcelona, como Socios Organizadores. Por outro lado, institucións como a Universidad Complutense de Madrid e Educ.ar, media partners como La malla, Divulc@t ou Vieiros ofrecen de xeitos diferentes o seu apoio.”
Fonte: codigocero.com