Amigus
As Pontes

Mark Shuttleworth presenta en Santiago o seu soño en código aberto: Ubuntu

Lendo codigocero.com:
“Ubuntu quere dicir humanidade. Mark Shuttleworth, millonario surafricano, turista espacial, voluntario e defensor do código aberto, estivo en Santiago no marco do congreso TechBusiness Week, rodeado de amigos (practicamente tódalas persoas que o escoitaron no Palacio de Congresos de Santiago eran afíns ó movemento do software libre), arroupado por colegas de vocación. ‘Estamos no principio do vindeiro gran salto do software libre’, dixo mentres acompañaba o seu relatorio con fotografías da viaxe espacial que fixo no Soyuz TM-32, onde foi o segundo pasaxeiro ‘turista’.”…


…”E continuou: ‘O vindeiro chimpo do software libre é a colaboración entre milleiros de usuarios de ‘open source’ en tempo real, como se estiveran na mesma sala, falando, provintes de tódalas partes do mundo’ (cómpre sinalar que esta declaración caeu ó mesmo tempo que unha imaxe na que se vía a Terra vista dende o espazo, como música de fondo).”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios