Amigus
As Pontes

Mesa redonda “As pedras tamén morren”

Espazo en directo para a emisora local RadioEume
Sábado 17, ás 11 da mañá, no salón de actos da Casa Dopeso
Debido á destrucción patrimonial que se está a producir no lugar da Mourela, entorno ao xacemento megalítico máis importante do noso concello, nas obras do treito As Pontes-Cabreiros da Autovía Ferrol-Vilalba, consideramos necesaria a apertura dun debate local con tódalas forzas sociais das Pontes, onde xurdan unha serie de medidas encamiñadas á protección e defensa do noso patrimonio.
Dende a plataforma entendemos que este problema é un problema de todos, non só dos veciños senón tamén dos que nos representan. Por iso convocamos a todos a participar desta mesa redonda o vindeiro sábado.
Plataforma Cidadá na defensa do Círculo Lítico da Mourela

También podría gustarte
Comentarios