Midnight Commander (mc): como facer que F10 funcione

Lendo diariolinux.com:
“Receita rápida para os usuarios de mc (o administrador de arquivos en modo terminal Midnight Commander, que tanto nos recorda ó Comandante Norton de cando comezamos en MS-DOS, aló polos anos en que navegábamos con Gopher por primeira vez… e incluso antes… snif, snif… contos do avó).”…


…”Á chicha: a tecla F10 fai que rematemos a sesión con mc. Pero F10 está asignada por defecto ó menú File da Terminal de GNOME, polo que sempre rematamos usando o rato para pinchar en File/Quit de mc. Para que o F10 non se asigne a ningún atallo de teclado da terminal GNOME, e por tanto funcione como o Quit en mc, teclear o seguinte:
$ gconftool-2 –set /apps/gnome-terminal/global/use_menu_accelerators –type boot false
Se o volvemos a poñer a true deixarémolo como ven de fábrica.”…
Fonte: diariolinux.com

También podría gustarte
Comentarios