Amigus
As Pontes

Moción sobre a declaración de Área de Rehabilitación Integral do casco histórico das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A edil de Compromiso por Galicia nas Pontes, Jéssica Fernández Polo, vén de presentar o pasado 30 de xuño unha moción para a creación dunha Área de Rehabilitación Integral no casco histórico das Pontes.
As Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) comprenden actuacións de mellora de tecidos residenciais no medio urbano e rural, recuperando funcionalmente conxuntos históricos, centros urbanos, barrios degradados e municipios rurais que precisen a rehabilitación dos seus edificios e vivendas, a superación de situacións de infravivenda e de intervencións de urbanización ou reurbanizacións dos seus espazos públicos


As axudas económicas asociadas ás ARI van dirixidas aos particulares propietarios das vivendas, ao concello para a urbanización e reurbanización dos espazos públicos e por último permítelle ao Concello poder contar coa cofinaciación da Oficina de Rehabilitación que canalizará toda a información e a xestión das axudas.
As áreas de rehabilitación integral declararanse por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, por petición dos concellos interesados en que se declare unha área no seu territorio. As condicións para establecer unha Área de Rehabilitación Integral veñen recollidas no Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
ACORDOS
– Realizar os trámites necesarios para declarar Área Integral de Rehabilitación a zona histórica das Pontes coñecida como “A Vila”.
– Valorar a posibilidade de establecer outras ARIs nas Pontes logo do asesoramento do equipo redactor do PXOM.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios