MUXAREGA ACTUARÁ NA INAUGURACIÓN DE IKEA EN A CORUÑA

O próximo martes, ás 10:00 hs., Ikea abrirá as súas portas no polígono da Grela en A Coruña. Segundo as previsións da compañía, teñen previsto xerar unha cola de máis de 2000 persoas aínda que sexa un día de diario e laboral.
Para incentivar o achegamento de clientes Ikea repartirá premios para os máis madrugadores: regalarán 200 € en cheques de compra para os 20 primeiros clientes; os 300 seguintes recibirán cheques de compra de 50 €, sempre e cando acudan antes das 10:00 hs. vestidos de amarelo e azul, e ademáis poderán participar nun sorteo de tres premios de 1000 € para gastar en Ikea.
As facilidades para acceder con vehículos serán máximas dado que a firma sueca ten preparado un plan de coordinación co Concello de A Coruña e as forzas de seguridade para lograr que os fluxos de circulación cara o polígono de A Grela sexan o máis fluidos- Ademáis habilitaránse as 1200 prazas de aparcamento do propio Ikea e as 1300 do área comercial Marineda Plaza.
No exterior, na explanada entre o centro Marineda Plaza e Ikea, estará montado un esceario donde entre as 08:00 hs. e as 10:00 hs. actuará o grupo folk pontés Muxarega, que co acompañamento dunha animadora tamén contratada para a ocasión, deberán espolear ás colas que se formarán antes da inauguración da tenda.
E mentres no recinto exterior os Muxarega fan festa a horas pouco habituais, ó mesmo tempo, no interior do Ikea nun habiente máis formal levarase a cabo un almorzo inagural con persoeiros, alcalde de A Coruña, etc.
O acto de inauguración pecharase co corte do tronco (Ikea non corta cintas) por parte do director da tenda de A Coruña, que o fará no mesmo esceario no que está Muxarega e acompañado pola destes rapaces e rapazas ponteses.

También podría gustarte
Comentarios