Nokia abre o código do seu navegador

Lendo agnix.org:
“Coa fin de promover a estandarización dun único navegador na industria da telefonía móbil Nokia decidiu liberar o código fonte do navegador que desnvolvera o ano pasado.
Nokia desenvolveu ese navagador para a súa serie de móbiles S60 empregando o mesmo contorno de fonte aberta usado por Apple no seu Safari e engadindo certas melloras. Agora calquera fabricante de telñefonos móbiles pode accedrer a ese motor e personalizalo aos seus requerimentos.”…


…”Queremos reducir a actual fragmentación que acontece nos navegadores de móbiles. O código é liberado baixo unha licenza BSD, co cal calquera pode fornecer solucións comerciais baseándose neste código.
Os desenvolvedores poden atopar este código en www.webkit.org.
Este navegador inclúe a capacidade de traballar con pouca memoria, dispón de punteiro para o rato, soporta HTML dinámico e AJAX (Asynchronous JavaScript and XML).
En 2004, Nokia fixo un investimento financieiro en Minimo, o proxecto de navegar para móbiles da Fundación Mozilla.”…
Fonte: agnix.org

También podría gustarte
Comentarios