Un ano despois da famosa cola do paro, (onde se xogaba co desemprego local, onde se prometía unha carga de traballo inexistente, onde se falaba de planos de emprego…), a Central Térmica de As Pontes, está en traballos de reparación. Pero non voltamos a ver colas de traballadores, nen declaracións do Goberno Municipal insistindo na súa preocupación pola taxa de desemprego. O que ocorreu hai un ano, non foi máis que unha manipulación, para sair nos medios de comunicación, e para dar un barniz, a máis que preocupante situación da mocidade, na nosa vila.
Desde o BNG de As Pontes, insistimos, como vimos facendo de vello, na urxéncia da elaboración dun plan de emprego, e dun plan industrial, para frear a taxa de paro que sofremos e a perda constante de habitantes. Esa debe ser unha das prioridades da equipa de goberno do Psoe, e polo que vemos, non é tal.