Amigus
As Pontes

Nota de prensa dos Grupos Políticos Municipais do BNG-AA, Xunt@s por As Pontes e PP

Solicitude oposición sobre As Pontes Emprende 2016

Os Grupos Políticos Municipais do BNG-AA, Xunt@s por As Pontes e PP,

EXPOÑEN:

• Que o pasado 27 de maio tivo lugar a Gala de entrega de premios do As Pontes Emprende 2016. Ademáis de entregar galardóns ás ideas de emprendemento dos escolares e a proxectos de nova creación que se están a consolidar, entregouse tamén un premio honorífico a Bienvenido Acebrón. A súa intervención trocou dun previsiblemente discurso de agradecemento á realización dunha serie de manifestacións que non deixaron indiferente a nadie, causando asombro e indignación entre os asistentes.

• Que, incluso, ainda que se tratara de opinións e valoracións persoais (que non é o caso, xa que falamos dunha intervención en acto público promovido polo Concello de As Pontes), como representantes políticos e membros da corporación local, rexeitamos o contido das mesmas. En especial, o rexeitamento ás referencias feitas ao “amiguismo/clientelismo” empresarial, o menosprezo ao ensino e á formación profesional, a infravaloración do sindicalismo e o insulto aos desempregado/as (manifestando que “non traballa o que non quere”).

• Que todo isto aconteceu diante da presenza do Alcalde de As Pontes que, lonxe de intervir para manifestar que nin a corporación nin o Concello de As Pontes en conxunto comparte ese tipo de opinións e actuacións, se limitou a rir ditas ocurrencias, sendo mais cómplice que representante oficial dos ponteses e pontesas.

• Que, apesares da conducta do Alcalde, os grupos da oposición sí queremos amosar o noso rexeitamento a este tipo de manifestacións en conductas, independentemente de que, a pesar de telo solicitado, o governo local non o considere oportuno.

Por todo o que, SOLICITAN ao ALCALDE, como representante de tódolos veciños e veciñas da vila, que se manifeste en contra das declaracións do homenaxeado e solicite a oportuna rectificación.

En As Pontes de García Rodríguez, a 09 de xuño de 2016.

Voceira do GPM BNG-AA. Voceira do GPM Xunt@s por As Pontes. Voceiro do GM-PP.

Asdo.: Silvia M. Pardo Galdo. Asdo.: M. Jéssica Fernández Polo. Asdo.: Manuel Escourido Calvo.

AS-PONTES-EMPRENDE-2016

También podría gustarte
Comentarios