Nota de prensa XPAP: A Concelleira de Xunt@s por As Pontes, María Chao, falará de vivenda e especulación urbanística no Parlamento Europeo.

A Eurodeputada Lídia Senra convida a unha trintena de representantes locais galegos ás xornadas REALPE, que este ano versarán sobre vivenda, progreso social e derrota ao fascismo.

 Case unha trintena de representantes da política municipal galega acudirán esta semana ao Parlamento Europea. A visita promovida pola eurodeputada galega e membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, para participar no Encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (REALPE), organizado polo propio GUE/NGL. 

Alcaldes, concelleiros/as e persoas con responsabilidades relacionadas co eido local de diferentes puntos da Unión Europea reuniranse nas xornadas en Bruxelas o xoves e o venres para intercambiar experiencias e análises baixo o título de ‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’

No programa do Encontro, haberá varios paneis de debate e coloquios. O primeiro deles terá lugar o xoves pola tarde, e estará centrado en ‘Vivenda social e especulación’. Nel intervirá a nosa compañeira María Chao, que explicará a situación que se vive na Galiza, apostando por defender o acceso a unha vivenda digna para todas as persoas como un dereito humano. Centrará a súa intervención nas zonas que máis padecen a especulación urbanística e apostará polo ordenamento do territorio, a rehabilitación, e a implantación de políticas de vivenda e alugueiro público como saída, sen deixar de referenciar o noso Concello. 

O panel será introducido pola eurodeputada do GUE/NGL e membro do Die Linke alemán Martina Michels e nel participarán ademais de María Chao, o belga Françoise Desmedt; o candidato a alcalde de Atenas Nasos Iliopoulos; a membro do Parlamento de Berlín Katalin Gennburg; o concelleiro francés en Bobigny José Moury; a concelleira sueca en Malmö, Emma-Lina Johansson; o irlandés Mark Ward; e a activista da Plataforma de Afectados polas Hipotecas e contra os Fondos Boitre no Estado españolMercedes Revuelta. A eurodeputada sueca do Left Party Malin Björk e a irlandesa do Sinn FéinLynn Boylan encargaranse de moderar o debate e realizar as conclusións dese día. 

Xa o venres pola mañá, desenvolverase un panel sobre ‘Facéndolle fronte ás desigualdades e propagación do fascismo en toda Europa, a visión progresista das nosas comunidades locais’. No que intervirán o edil de Teo, Ignacio Iglesias e o tenente de alcalde de Ribadumia Enrique Oubiña, que realizará unha intervención centrada na importancia de loitar por uns salarios dignos que permitan unha vida digna para todas as persoas en calquera punto da UE. 

As Pontes, 5 de febreiro do 2019. 

Máis información en XuntosPorAspontes

También podría gustarte
Comentarios