Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: A Xunta desestima as alegacións que Xunt@s por As Pontes presentou ao plan de transporte

Na tarde de onte, Xunt@s por As Pontes recibimos a comunicación da Xunta de Galicia pola que se desestimaban as alegacións que esta plataforma veciñal presentou ao plan de explotación das liñas de transporte público previsto para o noso concello.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A nova distribución das liñas de transporte público por estrada deixa ao Concello de As Pontes practicamente incomunicado, con horarios imposibles e reducción de liñas de autobús.

Dende a agrupación local, en adicción ao escrito presentado por todos os grupos políticos municipais, propuxemos o incremento de liñas de autobús que conectasen a nosa vila coas cidades máis próximas, especialmente con Ferrol, nos horarios que favoreceran ás veciñas.

Asemade, propuxemos entre outras, unha liña de transporte a demanda entre as parroquias co centro urbano, para facilitar o acceso ao centro de saúde e á vida no pobo.

A resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, recibida na tarde de onte 16 de abril, decide desestimar as alegacións presentadas por Xunt@s por As Pontes, sen aducir ningún motivo de rigor. Non contempla outras liñas que queden pendentes de licitar no futuro. Tampouco aduce posibilidades de mellora do servizo. 

En definitiva, as políticas do Partido Popular déixannos unha vez máis tiradas, e desta vez de xeito literal, déixannos incomunicadas coa contorna. Con isto, o único que se favorece é o uso de medios privados de transporte e, unha vez máis, asegurar o máximo beneficio para as grandes empresas. 

É neste contexto dende o único no que podemos entender as argumentacións, do todo inadmisibles, da Dirección Xeral de Mobilidade aducindo “falta de encaixe na estructura económica do proxecto”, pois os servizos públicos están por encima das cuestións económicas, créanse precisamente para ofrecer á poboación un servizo necesario para desenvolver unha vida en condicións de dignidade; non para favorecer as contas das grandes empresas de transporte.  

Nós apostamos sempre por uns servizos púbicos e de calidade, neste caso, por un transporte público que facilite e mellore a vida das veciñas, adaptándose ás necesidades reais das persoas, e permitindo a comunicación e desprazamento con independencia da súa idade, situación económica ou calquera outra circunstancia.

Esta resolución e o propio plan de transporte, constitúen outra oportunidade perdida de dimensionar correctamente as concesións en torno a criterios comarcais e metropolitanos, contando coa xente, coas propias usuarias dos servizos e liñas que se pretende conectar.

As Pontes, 17 de abril de 2019.

Máis información na web de Xuntos por As Pontes, na que se pode consultar tamén o propio escrito de alegacións. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios