Nota de prensa XPAP: Posición de Xunt@s por As Pontes ante o peche da central térmica de Meirama

Saudamos a decisión da eléctrica de involucarse de xeito proactivo coa transición enerxética, pero reclamamos plans específicos dotados orzamentariamente dende a Xunta e dende o Estado para manter o emprego tanto en Cerceda coma nas Pontes.

 Na mañá de hoxe coñeciamos a comunicación de Naturgy de peche de varias centrais térmicas do seu grupo, entre elas a máis contaminante, a galega de Meirama. 

Dende Xunt@s por As Pontes saudamos a decisión da eléctrica de involucarse de xeito proactivo coa transición enerxética mais afeamos o procedemento. A comarca non está preparada para asumir o peche da térmica: o goberno central non se preocupou de facer inversións reais que permitan manter o emprego na zona con plans concretos destinados a un futuro económico alternativo ao carbón. 

Agardamos que Naturgy cumpra todos os acordos sobre restauración ambiental, de recolocación das traballadoras e se preocupe de xerar novos empregos sostibles nas zonas afectadas, especialmente en Cerceda. 

Sempre defendemos que a transición enerxética ten que ser xusta. Para iso debe de contar coa participación activa de toda a veciñanza e todo o tecido asociativo e económico local. Iso sí, precisa o apoio orzamentario das institucións e o compromiso da propia empresa. 

AS PONTES 

Como sabemos, a central térmica de As Pontes está en obras para a adaptación ás directivas comunitarias. Mais como sabemos, a liña a seguir imposta dende Europa é o peche progresivo de todas as centrais dependentes dos combustibles fósiles. 

É o deber dos nosos gobernantes asegurar un futuro económico alternativo para o noso concello e para a comarca, polo que é preciso poñerse a traballar de inmediato

Para isto precísanse fondos e vimos de comprobar cómo, a pesares das boas relacións do Alcalde coa executiva de Pedro Sánchez, os Orzamentos Xerais do Estado non destinan nin un so euro a este fin. Páxina 2 de

Dónde están os fondos para o Museo da Minería? Dónde están os fondos que o Estado lle debe ao noso Concello polo plan da minería? Dónde están os fondos para o desenvolvemento económico e industrial da nosa vila e, en xeral, das comarcas do norte (Ferrolterra, Eume e Ortegal)? 

Esta plataforma veciñal e as deputadas de En Marea fixeron a súa parte. Tanto Yolanda Díaz no Congreso. como Francisco Casal no Parlamento, e as nosas concelleiras ao longo destes catro anos presentaron varias iniciativas no sentido de garantir un futuro para a nosa comarca, un futuro que ten que contar coa colaboración de Endesa, da Xunta, do Estado e da Unión Europea así como con todo o tecido veciñal e económico local. 

As Pontes, 16 de xaneiro de 2019 

Máis información en xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios