Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: Xuntas por As Pontes súmase ás concentracións do 22 de febreiro a favor dunhas pensións públicas dignas

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes súmase ás concentracións previstas para o xoves 22 de febreiro en todo o país a favor dunhas pensións públicas dignas.

– Ás 12:00h: A Coruña (Obelisco) e Lugo (Praza de España)
– Ás 19:00h: Ferrol (Diante o Concello)
– Ás 20:00h: Compostela (Praza do Toural)

Anima a toda a veciñanza á participación pois afecta aos actuais pensionistas e tamén aos futuros. O 1 de xaneiro de 2019 entrará en vigor a cláusula de sostibilidade do sistema e as pensións baixarán.

Nos vindeiros días, esta plataforma veciñal en colaboración coas organizacións sindicais da vila e expertas na materia, realizará actos públicos informativos en relación coas pensións.

Os motivos da protesta:

1. Que as pensións se contemplen nos Orzamentos Xerais do Estado coma un gasto máis,
2. Reimplantar un modelo de revalorización automática das pensións en relación ao IPC para asegurar o mantemento do poder adquisitivo;
3. Xubilación aos 65 anos;
4. Dereito aos subministros básicos garantido (auga, luz, gas);
5. Eliminación de todo tipo de copagamento ou repagamento;
6. Contra as privatizacións dos servizos públicos e das pensións;
7. Pola defensa e mellora do sistema de pensións públicas;
8. Derrogación do actual sistema de cobertura de lagoas de cotización durante o periodo de cálculo das pensións;
9. Corrección da diferencia de xénero no pago das pensións

As pensións son un dereito ganado e pagado, que o PP non te engane facendo uso do seu poder:

•Estamos dispostas a que os nosos maiores, que con tanto esforzo conquistaron estes dereitos, agora rematen os seus días vivindo na miseria?
• Estamos dispostas a que as persoas que veñen queden sen pensión?
• É realmente tan custoso como nos din o mantemento do sistema de pensións? Pois non, España só lles adica o 11% do PIB, mentras que Francia o 13,5% e Italia o 14%. E Portugal? sobe cada ano as pensións e fai políticas favorables ao groso da poboación.

Sabías que..

– En Galicia temos as segundas pensións máis baixas do Estado que non acadan os 800 euros de media
– Ourense e Lugo son as provincias que teñen as pensións máis baixas do estado, con 670 euros e 690 respectivamente
– Esta situación afecta, aínda máis, ás mulleres galegas que padecen unha fenda duns 300 euros de media.

Ademáis…

Diversos colectivos presentaron ante os Tribunais Europeos recursos en contra das últimas reformas do goberno. As normas nacionais e internacionais, a propia Carta Social Europea obriga aos Estados Membros a garantir o nivel de vida das pensionistas.

A Comisión Europea ven de presentar unha Proposta de Regulamento para ofrecer un novo produto panaeuropeo de pensións individuais que o que pretende é alentar un mercado europeo das pensións privadas para “favorecer” ás entidades financeiras, compañías de seguros e de xestión de activos, que serán quenes leven todos os beneficios.

Defende unhas pensións públicas dignas!

As Pontes, 20 de febreiro de 2018 Xunt@s por As Pontes

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios