Amigus
As Pontes

Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes non acudirá ao Pleno Extraordinario de mañá

O Pleno convócase para repetir a votación da modificación das NNSS no Poboado das Veigas. O motivo: no pleno celebrado o pasado mércores NON se acadou o quórum preciso para aprobar o documento.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Mañá celebrarase un Pleno Extraordinario para volver a APROBAR INICIALMENTE a modificación puntual das Normas Subsidiarias municipais no ámbito do Poboado das Veigas.

O motivo: no pleno celebrado o pasado mércores NON se acadou o quórum preciso para aprobar o documento.

Segundo a normativa vixente é precisa MAIORÍA ABSOLUTA (a metade máis un dos membros da corporación), que no noso concello se fixa en 9 votos a favor. Tan só estaban presentes 8 dos 11 concelleiros do PSOE.

¿Qué implica isto? Que o documento NON está aprobado e, polo tanto, tampouco comezou o prazo de 2 meses para exposición pública e alegacións.

concelleira María Chao e o concelleiro Alberto Pellón cumpriron coas obrigas que lles esixe o seu cargo:

– acudiron ao Pleno cando se lles convocou (pese a ser mércores 17 de xaneiro, un día laborable ás 10:00h), expuxeron a posición desta plataforma veciñal e  procederon á votación.

– Todo, sen ter acceso á información coa antelación suficiente (tan só 6 días antes) e tendo en conta a complexidade das normas urbanísticas.

– Lembrando que realizan o seu traballo de xeito gratuito, sen cobrar ningún tipo de retribución, invertindo o seu tempo persoal para a asistencia aos plenos e previa preparación.

Por isto, NON asistirán á sesión plenaria extraordinaria de mañá.

Non é culpa dos nosos concelleiros nin desta plataforma veciñal que o PSOE local non se organice do xeito debido para cumprir coa lei. Como teñen por costume, convocaron o pleno para o día que a eles lles conviña. E sabían perfectamente da maioría que precisaban, pois levan moito tempo traballando este asunto (dende 2012).

Se non estaban dispoñibles, puideron fixar a sesión calquera outro día. É máis, dende Xunt@s por As Pontes propuxemos xa dende os inicios da lexislatura, que os plenos se celebrasen nas últimas horas da tarde ou na fin de semana, para favorecer a conciliación laboral e familiar. O PSOE local negouse sempre a acceder á nosa petición.

Dende esta plataforma veciñal queremos amosar o noso descontento e indignación co proceder do equipo de goberno local.  Con esta, asistimos a unha mostra máis do seu descaro e falta de respecto, tanto á veciñanza coma á institución, provocado polo poder da maioría absoluta á que xa non lle poñen límites.

** Na nosa web pódese consultar a posición de Xunt@s por As Pontes en relación coa aprobación inicial da modificación puntual das NNSS municipais no ámbito do Poboado das Veigas, a documentación e os videos do pleno do pasado 17 de xaneiro.

Máis información en Xunt@s por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios