Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As pontes segue traballando de cara ás eleccións municipais
En Xunt@s por As Pontes seguimos traballando no proceso de participación de cara ás eleccións municipais, tanto no programa coma na candidatura, coa intención de ofrecer unha opción ilusionante e alternativa de cambio para o gobernar o noso Concello.
Animamos a toda a veciñanza a facer achegas e propostas a través das nosas canles de comunicación habituais: as redes sociais e o correo electrónico xuntosporaspontes@gmail.com.
Seguimos pensando que o consenso, a unidade e o traballo conxunto polas clases populares, dende a esquerda, son o mellor xeito para transformar a sociedade cara acadar as melloras sociais que precisa o pobo de As Pontes e tamén Galicia.
Xuntas por As Pontes é unha plataforma veciñal de ámbito local. De cara ás próximas eleccións xerais e europeas as persoas que a integran teñen liberdade de decisión e de participar do xeito que consideren nas diversas opcións que se presenten. Polo tanto, Xuntas por As Pontes manterase á marxe de calquera das opcións que se presenten.
As Pontes, 2 de abril do 2019.
Máis información en www.xuntosporaspontes.com