Nota de prensa BNG: O PSOE INSTITUCIONAL ABANDONA Á SÚA SORTE AO CHAMOSELO E AO EUME

O valor do pH do afluente volve aos seus valores máis baixos, non superando o 3’4.
A día de hoxe unha cousa é evidente na catástrofe ambiental dos ríos Chamoselo e Eume: nen as Consellarías de Medio Ambiente e da COTOPT nen o Concello das Pontes, áreas autonómicas e goberno local dirixidos polo Psoe, teñen intención de solucionar o problema ambiental.
Tal conclusión é a única posíbel á vista dos datos técnicos do pH e das súas afirmacións. O Conselleiro de Medio Ambiente afirma no Parlamento que a situación dramática do Chamoselo foi detectada en abril de 2008; O Alcalde das Pontes afirma nos Plenos que o seu inicio foi no ano 2005, aínda que el, por entón na oposición, interesábase en maio de 2007. O Conselleiro de Medio Ambiente afirma que non recibiu os informes de maio de 2007 elaborados polo BNG e que o hoxe Alcalde dende esas datas lle dí que non existen; Valentín dí nos Plenos que sabe dos informes e que tivo aos funcionarios durante meses investigando se o BNG os enviara, pero el non o fixo.
E hoxe, o pH do Chamoselo, despois da chapuza das 14 toneladas de cal, non chega ao 3’4, número ao que tampouco chega a nota da xestión socialista.

As Pontes, 16 de outubro de 2008
También podría gustarte
Comentarios