Nota de prensa BNG: O Grupo Parlamentar do BNG no Parlamento Galego interésase sobre a chegada do gas natural a As Pontes

O Grupo Parlamentar do BNG vén de rexistrar unha pregunta no Parlamento Galego para coñecer o estado de execución do subministro de gas natural a As Pontes.
Como se reflicte na pregunta, o Goberno Galego adxudicou á empresa Gas Galicia a autorización administrativa para o subministro nas Pontes, o orzamento previsto era de 2.370.892 euros (en prezos de 2007).


Unha das xustificacións para concederlle a esta empresa o subministro foi que instalaría unha planta provisional de GNL no polígono de Penapurreira e así adiantábase o servizo mentres non estivese operativo o ramal para a entrega do gas.
Nunha segunda fase, xa se preveía que a subministración se realizase a partires dun punto de entrego do gasoduto Mugardos-As Pontes-Guitiriz, previa autorización do Ministerio de Industria, denegada en 2007.
Por iso, agora o BNG quer saber cal é o estado de execución deste proxecto, cando prevé o Goberno Galego que esté en funcionamento esta planta provisional de GNL e en que prazos terá a vila das Pontes servizo de gas natural.
Asemblea Local do BNG – As Pontes, 20 de novembro de 2009

También podría gustarte
Comentarios