Nota de prensa BNG: A XUNTA ESTABLECE O 2014 PARA DISPOÑER DA SUPERFICIE INDUSTRIAL DA AMPLIACIÓN DE PENAPURREIRA

Segundo o goberno do PP, o Concello ten pendente o trámite inicial de modificación das normas urbanísticas.
As Pontes, 22 de febreiro de 2011.- Nunha resposta escrita a unha pregunta do BNG sobre do estado da ampliación do polígono pontés de Penapurreira, a Xunta comunica á organización nacionalista que “as obras poidan estar rematadas no ano 2013 e dispoñer da superficie empresarial en 2014”, data na que rematan as axudas do Plano da Minaría a infraestruturas e a proxectos industriais.
Na mesma contestación, o goberno galego informa da necesidade de modificar as normas subsidiarias de planemaneto municipal para desenvolver os 1.800.000 metros cadrados situados dende Maciñeira ate a rotonda da autovía; dita modificación e a posterior documentación deben ser tramitadas polo Concello, procedemento que, despois de case que 4 anos de goberno do PSOE, está na súa fase inicial.


É a primeira vez que se produce un desfase entre a execución e dispoñibilidade de solo industrial e as convocatorias de axudas para o emprazamento de empresas dende 1998; para o BNG, a situación é inxustificábel, non só pola falla de argumentos técnicos e/ou administrativos que a motiven, se non tamén –e de xeito principal- pola irresponsabilidade de producírese nun período no que o desemprego acada cifras históricas.
O BNG quere ofrecer ao goberno do PSOE, mais unha vez, a súa colaboración e pon a disposición toda a súa experiencia acumulada nos anos de desenvolvemento urbanístico industrial nos que tivo a responsabilidade da súa xestión, cos resultados xa coñecidos.
BNG AS PONTES

También podría gustarte
Comentarios