Amigus
As Pontes

Novas colectivas de arte para vender en Nadal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo elcorreogallego.es:
“Nestes días de Nadal, as galerías de arte, que habitualmente dedican o seu espacio a un só creador, acostuman ofrecer unha variedade de nomes e temas nunhas colectivas encamiñadas a provocar a inclusión da pintura ou a escultura entre os habituais agasallos natalicios. Sen embargo, ó ver de Salvador Corroto, director xunto con Menchu Tudela do Centro de Arte Atlántica da Coruña, ‘aínda non se creou unha conciencia de que pode ser un agasallo agradable e de categoría”.”…


…”En Atlántica estes días centráronse fundamentalmente, en tres importantes artistas galegos. “Ofrecemos unha serie de 28 debuxos de Cristino Mallo así como dúas esculturas en cera perdida, é dicir que son irrepetibles, deste grande artista irmán de Maruja Mallo. Outra das nosas seleccionadas é a viguesa Victoria de la Fuente, recoñecida coa medalla Castelao e á que este verán lle dedicou unha antolóxica a Deputación de Pontevedra e por último, hai oito pezas das mellores etapas de González Pascal, un artista coruñés de enorme categoría, pero do que se falou pouco tralo seu falecemento. Complétase a oferta da galería co que chaman ‘ricón do coleccionista’ onde se poden ver trinta pezas tamén de artistas galegos como Lago Rivera, Alfonso Costa, Llorca, Tono ou os escultores Silverio Rivas, Marga Hernández, Pazos ou Xurxo Cid. Aínda que un comprador de economía media poida pensar que se trata de pezas inalcanzables, Corroto aclara que ‘dados os prezos actuais de calquera agasallo ou mesmo dunha cea á que se convida a varios amigos, non se pode falar de grandes diferencias. É certo que na mostra actual hai un cadro que chega ós 18.000 euros, pero non é menos que se poden adquirir gravados e mesmo algunhas pinturas por 120 euros e obras de máis importancia por prezos que oscilan entre os 300 e os 600 euros e ademais coa facilidade de poder pagalas en varios prazos’.
Afirma Corroto que ‘a arte é un investimento e hai que mercar o que che gusta, pero ademais ben asesorado para evitar que se desvalorice. En ocasións son pezas de autores consagrados que xa superan moito os prezos habituais como as que tivemos en exposicións de Saura ou Canogar, pero noutras son de artistas da nosa terra máis accesibles e mesmo novos valores que cotizan aínda barato, pero ós que se lles pode albiscar que teñen un porvir brillante, ou sexa que ó final se van cotizar ben’.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios