Novidades no firefox 2.0 (III)

Rematamos hoxe de explicar as novidades da versión 2.0 do mozilla firefox, e continuamos lembrándovos que mañá ás 16.00 horas no Lar de ENDESA teremos a amigus firefox2 party á que estades todos e todas invitados.


– Xestor de add-ons millorado: o novo xestor de add-ons millora a interface de usuario para xestionar extensións e temas, combinándoos ambos cunha ferramenta única.
– JavaScript 1.7: JavaScript 1.7 é unha actualización da linguaxe que introduce varias características novas como xeradores, iteradores, comprehensións de matrices, expresións let, e desestructuración de asignacións. Tamén inclúe todas as características de JavaScript 1.6.
– Formato extendido de plugins de busca: o formato do motor de busca de firefox agora soporta plugins de motores de busca escritos en formatos Sherlock e OpenSearch e permite motores de busca para proveer suxestións de termos de busca.
– Actualizacións ó sistema de extensións: o sistema de extensións foi actualizado para proveer seguridade millorada e permitir unha máis sinxela localización de extensións.
– Sesión de cliente e almacenamento persistente: novo soporte de almacenamento de datos estructurados por parte do cliente, para permitir un millor manexo de transaccións online e rendemento millorado con transaccións de grandes cantidades de datos, como documentos e buzóns de correo. Está baseado na especificación WHATWG para sesións de clientes e almacenamento persistente.
– Texto SVG: soporte para a especificación svg:textpath que activa o texto SVG que sigue unha curva ou forma.
– Nova fiestra do instalador: baseado no Sistema de Instalación Scriptable de Nullsoft, a nova fiestra do instalador resolve moitos problemas de edicións de moitos anos.
Esperamos que con estas novidades vos animedes máis aínda a usar esta nova versión deste maravilloso navegador. Esperámosvos mañá no Lar.

También podría gustarte
Comentarios